Sábado. 20.04.2024
El tiempo

A arte urbana invade Vimianzo por verán

Cultura Urbana en Vimianzo
A arte urbana invade Vimianzo por verán

Abre hoxe o Concello de Vimianzo, e ata o 20 de xullo, o prazo de inscrición para o novo prohgrama de actividades de verán. Un programa baseado na cultura urbana, que se desenvolverádo 26 ao 30 de xullo en horario de 10 a 14 horas, con obradoiros artísticos de graffiti, obradoiros deportivos de breakdance, obradoiros deportivos de parkour e skate, obradoiros artísticos de estampación e camisetas stencil, obradoiros musicais de rap, beatbox, DJ; obradoiros deportivos de slackline e tamén de fútbol.

Desde Vella Escola serán os encargados de darlle forma a este compendio de iniciativas, por parte dunha entidade especializada na organización de eventos e a xestión do ocio creativo, conformada por un gran equipo de músicos, artistas, bailaríns e deportistas profesionais do mundo da cultura urbana, ámbito no que está especializada e recoñecida como entidade número un en Galicia desde a súa constitución no ano 2009.

Só hai 20 prazas, e o preto será de 50 euros, cunha redución de 5 euros para familias numerosas.

Comentarios