As visitas guiadas e a historia dánse a man en agosto
03 de agosto de 2016 (08:10 h.)
- 6 agosto. Vimianzo en festas. Visita gratuita pola vila. Vimianzo celebra as súas festas de verán, un momento perfecto para achegarse á súa historia. Desde o castelo partirase á Praza da igrexa, centro neurálxico da vida noutro tempo. Cruzarase o tradicional barrio de Tedín para chegar á capela neoclásica e Pazo de Trasouteiro. Tras escoitar as augas do río que moven a moa do Muíño da Agra e a visita remata no renacentista Pazo de Trasariz.
- 13 de agosto. Entre dolmens e castro. Visita en bus gratis para nenos e nenas e cun custe de 3€ para os adultos. As murallas do castro das Barreiras sorprenden en pleno val de Vimianzo. O mundo castrexo combínase co megalítico nunha viaxe pola Prehistoria: o castro do Altiño, a necrópole de Chan do Cabral e Rabós, a monumental Pedra da Arca e o dolmen singular da Casota de Freáns.
- 14 de agosto. Visita nocturna ao Castelo de Vimianzo. A pantasma do último morador do castelo, Evaristo Martelo, abrirá as portas da súa residencia aos visitantes. Unha oportunidade única e diferente de visitar o castelo iluminado e á luz das estrelas. Gratis.
- 20 agosto. Petróglifos e lendas ao caer o sol. Neste roteiro combínase unha viaxe en bus cunha pequena ruta a pé. Cos últimos raios de sol camiñarase durante 4 quilómetros visitando o túmulo megalítico da Arquiña de Vilaseco, a lendaria Pedra do Frade e os petróglifos de Boallo. Un momento perfecto para ver á luz das estrelas e as lanternas os relevos gravados en granito hai miles de anos. A visita ten un custe de 3€ para os adultos e é gratuita para os nenos e nenas.
- 27 de agosto. O outro medievo de Vimianzo. O elemento máis coñecido da Idade Media é o castelo, pero Vimianzo ten moitos máis segredos da época que visitar. Coñece o románico de Tines e Treos, o gótico dun dos cruceiros máis antigos de Galicia, a historia da cruz milenaria de Serramo e vixía os camiños desde San Bartolo e o Bico dos Xentís. Os adultos terán que pagar 3€ mentras que os nenos e nenas van gratis.
- Vimianzo repasa a súa historia a golpe de visitas guiadas
- As visitas guiadas volven aos Batáns do Mosquetín e ao Castelo de Vimianzo
- O concello de Vimianzo asume a xestión dos Batáns do Mosquetín
- Recunchos da Costa: Os Batáns do Mosquetín
- A artesanía continúa viva no castelo de Vimianzo
- O Castelo de Vimianzo, Dombate, As Torres do Allo e os Batáns do Mosquetín volven abrir as portas
- Abertas as convocatorias para xestionar os Batáns e as Torres do Allo
Novas sobre o Parque do Megalitismo
- 14-10-14: O Parque do Megalitismo da Costa da Morte, 13 anos de quimera.
- 26-10-11: Pasiño a pasiño co Parque do Megalitismo.
- 13-07-08: Un paso máis cara a aprobación final do Parque Arqueolóxico do Megalitismo da Costa da Morte.
- 11-08-08: 14 megalitos da Costa da Morte serán denominados Bens de Interese Cultural .
Máis novas arqueolóxicas
- A Croa do Castro de Cerqueda, un proxecto fetén de Arqueoloxía Social.
- “O Proxecto das Croas de Niñóns non se podería levar a cabo sen os veciños”.
- A arqueoloxía social que descobre murallas.
- As Croas de Niñóns: novo exemplo de vangarda arqueolóxica dende a Costa da Morte.
- Recuperación internacional dos sendeiros de Titania.
- O Castro de Mallou abriuse aos veciños nun novo exemplo de arqueoloxía social.
- Primeira etapa da Torre dos Mouros, un proxecto do pobo.
- O Castelo de Brandufe, un novo tesouro agochado do altomedieval costeiro.
- O patrimonio volve ás mans da cidadanía.
- Excursión pola Ruta das Antas da Costa da Morte.
- O SEMESCOM sumérxese na rede e dixitaliza as súas obras.
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Vimianzo