A Croa do Castro de Cerqueda, un proxecto fetén de Arqueoloxía Social
Seguimos descubrindo como vai ser o proxecto da Croa do Castro, e seguimos encantados sabendo que serán os veciños os verdadeiros protagonistas, pois xa foron eles a través das asociacións os que puxeron en marcha este proxecto de arqueoloxía social. Serán eles os que participen nunha xornada de limpeza, que se celebrará o primeiro sábado de Semana Santa, e asesorados por un equipo de arqueólogos, poderán contribuir a limpar a zona e ir descubrindo novos achádegos sobre este xacemento arqueolóxico de máis de 2.000 anos de antigüidade, erguido en plena Idade do Ferro.
Polo camiño segue o divulgador Manuel Gago armando entrevistas, como esta que vemos ao alcalde Eduardo Parga. Tras estas gravacións reside a idea de facer unha gran campaña de comunicación, para trascender Galicia e ir preparando unha serie de visitas de escolares e demais que permitan espallar o coñecemento do xacemento.
Máis datos
A Croa do Castro é un xacemento fortificado da Idade do Ferro, polo que pode ter uns 2.000 ou 2.300 anos, “aínda que sen facer escavacións non é posible sabelo”, matizou Manuel Gago. O profesor e xornalista cultural cualificouno coma “moi espectacular” e, segundo comentou, en principio parece que está en bo estado. Para saber se as expectativas se converten en realidade o primeiro que hai que facer é limpalo, porque só así se saberá exactamente o que hai. “Temos a sospeita de que limpándoo simplemente a Croa do Castro vai amosarnos xa algunhas sorpresas que intuímos polo que nos contan os veciños e polo que xa temos visto”, sinalou o coordinador do proxecto. “O primeiro paso é limpar e así poder documentar e levantar a planta do castro, que é como cando facemos unha casa pero ao revés: primeiro temos que limpar e despois ter os planos e saber exactamente que é o que temos aí abaixo”, engadiu.
Campaña de difusión
A partir dese momento comezará o proceso de posta en valor mediante unha campaña de comunicación “que faga que o castro sexa moi coñecido en Galicia e no resto do España” e comezar coas visitas guiadas, as actividades para escolares e o labor de recompilación de “todo o coñecemento que hai sobre ese lugar na comunidade local”, rematou Manuel Gago.
Así explica Gago como van ser os seguintes pasos:
Novas relacionadas
- 14-02-15: Os veciños de Cerqueda, os protagonistas da recuperación da Croa do Castro.
- 21-06-14: Recuperando a Croa do Castro.
- 30-12-14: Bota a andar o proxecto de recuperación da Croa do Castro de Cerqueda.
- Croa do Castro: A arqueoloxía oleira.
- Monte d’Arxa recuperará a Croa do Castro como recurso turístico.
- De viaxe pola Malpica da primeira metade do século XX.
- “O Proxecto das Croas de Niñóns non se podería levar a cabo sen os veciños”.
- A arqueoloxía social que descobre murallas.
- As Croas de Niñóns: novo exemplo de vangarda arqueolóxica dende a Costa da Morte.
- Recuperación internacional dos sendeiros de Titania.
- O Castro de Mallou abriuse aos veciños nun novo exemplo de arqueoloxía social.
- Primeira etapa da Torre dos Mouros, un proxecto do pobo.
- O Castelo de Brandufe, un novo tesouro agochado do altomedieval costeiro.
- O patrimonio volve ás mans da cidadanía.
- Entrevista con Manuel Gago: “O litoral da Costa ten propiedades hipnóticas”.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).