Martes. 23.04.2024
El tiempo

Pasiño a pasiño co Parque do Megalitismo

Pasiño a pasiño co Parque do Megalitismo

Máis de 3 anos para comezar a andar. Así van as cousas na Costa da Morte, i é que aquelas rifas localistas polo 2008, o proxecto do Parque do Megalitismo da Costa da Morte vai dando pasos ao noso habitual "ritmo caribeño". Dende xa non haberá lugar aos localimos, pois a Xunta vén de "aprobar o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal" do Parque. Hoxe o DOGA publica xa o acordado o pasado mes, que servirá a efectos de expropiación, e que permitirá comezar as actuacións no parque arqueolóxico en 2012.

O proxecto sectorial do Parque Arqueolóxico do Megalitismo da Costa da Morte, no que se investirán preto de 4 millóns de euros en varios anos, engloba 15 enclaves megalíticos pertencentes a 8 concellos da zona, identificados na actualidade entre os de maior monumentalidade desta área xeográfica.

15 enclaves megalíticos en 8 concellos

O Parque Arqueolóxico do Megalítico da Costa da Morte engloba 15 enclaves megalíticos pertencentes a 8 concellos da Costa da Morte, identificados na actualidade entre os de maior monumentalidade desta área xeográfica. A Dirección Xeral do Patrimonio Cultural actuará nun total de 14 destes enclaves megalíticos encadrados no proxecto sectorial:

  • Pedra Moura de Aldemunde, no Concello de Carballo;
  • A Fornella dos Mouros, no concello de Laxe;
  • Pedra de Arca, no Concello de Malpica;
  • Mina da Parxubeira, no Concello de Mazaricos;
  • Pedra Moura de Monte Carnio, Pedra Cuberta, Casota de Berdoias, Arquiña de Vilaseco, Pedra da Lebre ou de Serramo, Mina de Recesindes, Rabós (mámoas), no Concello de Vimianzo;
  • Casa dos Mouros ou Pedra da Arca, pertencente aos concellos de Dumbría e Vimianzo;
  • Pedra Vixía, Arca da Piosa, no Concello de Zas.

Dentro do Parque Arqueolóxico inclúese asemade o Dolmen de Dombate, no concello de Cabana de Bergantiños, que conta co seu propio Plan Director e que xa está sendo executado pola Deputación Provincial da Coruña

Novas relacionadas

Artigos relacionados

Máis novas

Fonte

  • Nota de prensa da Xunta.

Comentarios