A primeira parada será Castrelo o venres día 12 de decembro, ás 20:00 horas. Continuará o percorrido o sábado, día 13, na escola de Carantoña ás 18:00 horas e na de Pasarela (Calo) ás 20:00 horas.
O luns, día 15, será a quenda da escola cultural de Carnés ás 18:00 horas e de Vilar (Cereixo) ás 20:00 horas. O martes 16 as paradas serán a Casa da Cultura de Baíñas ás 18:00 horas e o local social de Comareiro (Serramo) ás 20:00 horas.
A escola de Cambeda e de Berdoias serán as paradas, tamén ás 18:00 e 20:00 horas respectivamente, do día 17 de decembro. Ao día seguinte, xoves 18, serán as escolas de Treos (18:00 horas) e Tines (20:00 horas).
O sábado 20 tócalle ao salón parroquial de Castromil (Salto) ás 17:00 horas. Por último, o luns 22 de decembro pecharase a programación coas actuacións na escola de Bamiro (18:00 horas) e na praza do Concello de Vimianzo (20:00 horas).
![VIMIANZO - CANTOS DE NADAL 25]()