venres. 06.12.2024
El tiempo

Carballo e Vimianzo acollerán obras de teatro do programa Camiño Escena Norte

20230906 CEN Foto familia final © Miguel Lamas
Foto de presentación do CEN23 no Obradoiro © Miguel Lamas
Carballo e Vimianzo acollerán obras de teatro do programa Camiño Escena Norte

A pasada fin de semana presentouse na Praza do Obradoiro a nova edición do programa Camiño Escena Norte, que promove o intercambio cultural a través das artes escénicas entre Galicia, Asturias, Cantabria, Euskadi e Navarra, e que este ano leva o lema “Vieiros que conflúen”.

O programa chegará neste 2023 a dúas localidades da Costa da Morte, Carballo e Vimianzo -que se estrea como sede do CEN-, cunha dobre función o sábado 14 de outubro:

Ademais, Camiño Escena Norte lanza este ano un novo proxecto, nomeado Vieiros, para visualizar destacadas iniciativas culturais fóra da súa comunidade autónoma. O Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo é a proposta elixida este ano en Galicia.

Sexpiertos estaran en Carballo
Sexpiertos estarán en Carballo
  • Carballo acollerá, no marco da 32ª edición do FIOT, a función Sexpiertos, da compañía vasca Tanttaka Teatroa, obra gañadora do Premio Max 2023 á Mellor Labor de Produción.
  • Vimianzo será a localidade na que a compañía asturiana Saltantes Teatro represente Misery, unha adaptación teatral de William Goldam sobre a novela de terror homónima de Stephen King.
Saltantes en Vimianzo
Saltantes estarán en Vimianzo

Comentarios