domingo. 18.05.2025
El tiempo

Catro deputados de En Marea escoitaron as inquedanzas os veciños de Vimianzo

Catro deputados de En Marea escoitaron as inquedanzas os veciños de Vimianzo
en-marea-en-vimianzo

Estiveran, por primeira vez na comarca, antes das eleccións, e parece que a presencia de En Marea na Costa da Morte vaise afianzando. Estiveron presentes nas mobilizacións dos traballadores de Ferroatlántica, andan pendentes do devir dos plenos en algún concello bergantiñán, e o pasado sábado quixeron achegarse para escoitar á veciñanza da bisbarra.

Fixérono os deputados Luis Villares (e voceiro nacional), Antón Sánchez, Luca Chao e Francisco Casal, nun encontro partiipativo celebrado o pasado sábado no Restaurante Pastoriza de Vimianzo. Fixo de presentador o alcalde Manuel Antelo, membro da coordinadora de En Marea, da que forma parte o seu grupo Foro Galego. Antelo é tamén voceiro do grupo local Adiante Vimianzo, formado polos ex edís do BNG, grupo que non pertence ás Mareas.

"Sodes parte de En Marea. Viñemos antes das elecciôns, viñemos hoxe e volveremos a render contas”, aseguraba o propio Villares. E non escatimaron preguntas os veciños que compartiron as súas inquedanzas cos responsables.

Temas recorrentes como a situación de Ferroatlántica ou o remate da Autovia saltaron enriba da mesa.

Segue estando entre as preocupacións dos veciños o asunto do solo empresarial da Costa da Morte, lembrando os de Cee e Vimianzo, pertencentes ao Estado, custan 3 veces máis que noutros parques empresariais da Xunta como o de Carballo.

Tamén saíu a colación a situación do Hospital Virxe da Xunqueira, pois moitos consideran que “a herdanza da fundación supón un detrimento na calidade da atención aos pacientes da Costa da Morte”.

Outras eivas da bisbarra tamén apareceron como a falta de formación no sector agro-gandeiro, lembrando que o único centro de FP nunha materia tan importante para a zona é privado pertencente ao Opus.

luis-villares-en-vimianzo-copia

Aproveitou o grupo para presentar o proxecto participativo que invita a todos os cidadáns a participar na toma de decisións, e no que xa se pode participar inscribíndose en medrando.enmarea.gal.

en-marea-en-vimianzo

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).

Comentarios