Sábado. 27.07.2024
El tiempo

O comercio de Vimianzo súmase ao Asalto

COMERCIO VIMIANZO
O comercio de Vimianzo súmase ao Asalto

O Concello de Vimianzo e o comercio local únense novamente para artellar unha campaña comercial vencellada ao Asalto ao Castelo. Nunha xuntanza realizada o pasado xoves, fixáronse as accións que se realizarán, coincidindo tanto coa previa como coa celebración desta Festa de Interese Turístico, entre as que se atopan descontos especiais, folletos informativos e sorteos.

Será entre o 20 de xuño e o 7 de xullo de 2024. Poderán participar tanto comercios como panadarías, pastelerías, artesanía e hostalaría.

Á vez, avanzouse na creación dunha asociación para a hostalaría local. Todos os axentes implicados nesta xuntanza coinciden na “relevancia desta figura como elemento de inter locución entre a Administración local e outros entes”, asegurando que “é imprescindible un plan de promoción anual, con campañas de tempada, e de aproveitar sinerxias con outros eventos”. 

Comentarios