Domingo. 16.06.2024
El tiempo

A programación do Asalto ao Castelo: "Un soño feito realidade"

Presentacion Asalto ao Castelo de Vimianzo 2024
No acto estiveron presentes a alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez; as concelleiras Beatriz Pazos e Rosa Blanco; o vicepresidente da Deputación, Xosé Regueira; o portavoz da organización do Asalto, Manuel Rial; Marta Miñones, da Asociación AXVALSO e Maica Suena, de Cherinkas; Loreto Rodríguez, responsable de medios de Estrella Galicia e unha representación do sector hostaleiro
A programación do Asalto ao Castelo: "Un soño feito realidade"

Tremendo o programa que veñen de presentar as Asociacións Cherinkas e Axvalso e o Concello de Vimianzo para o XXVII Asalto ao Castelo de Vimianzo 2024. Os días 5 e 6 de xullo, gastronomía, teatro, espectáculos e música, mesturaranse para dar forma a esta festa histórica, unha das máis fermosas e auténticas da comarca, na que o pobo enteiro, non só de Vimianzo, senón de toda a Costa da Morte, se disfraza para trasladarnos 500 anos atrás.

Durante a presentación, a alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez, non só recalcou a importancia desta festividade no presente na que “tanto veciños e veciñas viven momentos inesquecibles”, senón que tamén puxo sobre a mesa a necesidade de seguir traballando e loitando por un evento “que pasará ás vindeiras xeracións para manter vivo o lume irmandiño”. A rexedora aproveitou a ocasión para agradecer a implicación das organizacións colaboradoras nesta Festa sen ánimo de lucro.
Pola súa parte, o vicepresidente da Deputación, Xosé Regueira, salientou “a gran creatividade” e o mérito de manterse durante case tres décadas “dunha maneira vizosa” sendo un referente do xeodestino da Costa da Morte.

Manuel Rial debullando o programa do Asalto ao Castelo de Vimianzo 2024
Manuel Rial debullando o programa do Asalto ao Castelo de Vimianzo 2024

O portavoz da organización do Asalto, Manuel Rial, lembrou a todas as persoas que traballan durante moito tempo de xeito desinteresado, “nunha festa feita por e para a veciñanza”, conseguindo traer un cartel musical “á altura de grandes festivais” desde unha organización sen ánimo de lucro.
Marta Miñones, da Asociación AXVALSO, destacou que “hai 24 anos soñaba con que Manu Chao estivera no Asalto, e na que é a 27ª edición podemos presumir de que o logramos” e animou “ás novas xeracións a empaparse da maxia do Asalto e participar nel”.

Pola súa parte, Ana Caamaño, en representación da hostalaría vimiancesa, puxo en valor “unha festa que é parte de nós” e animou á veciñanza “a probar os Pinchos Irmandiños ao longo dunha semana na que Vimianzo volve atrás no tempo”.
Por último, Loreto Rodríguez, responsable de medios de Estrella Galicia, enorgulleceuse de poder colaborar nunha festa “tan icónica” que afonda “nas nosas tradicións e nas nosas orixes”.

Teatro e Música

 

Son moitas as aristas desta festa. Por un lado avanzan, gracias á implicación das xentes de sempre, e baixo a dirección de Ghillermo, os ensaios da representación teatral, o gran distintivo que permite que a festa sexa declarada de Interese Turístico Galego.

Pero é que a música é a outra gran protagonista da festa, conseguindo ademais, este ano unha cita internacional con Manu Chao en formato acústico.

Gastronomía e Deporte

Á cita coa Legua Irmandiña, a proba deportiva, hai que maridarlle os Pinchos Irmandiños. Organizada polo sector hostaleiro vimiancés, esta ano fai 15 edicións dun certame singular no que non se atoparán petiscos con ingredientes posteriores ao descubrimento de América.

Así, durante a semana do 2 ao 6 de xullo, poderase facer a ruta dos 14 locais participantes que acolle mesmo a algúns de fóra da vila que se instalan na praza do Concello. O pincho irmandiño máis consumición (auga ou Estrella Galicia) custa 3,5 euros, sendo o prezo de 3 euros se se pide só. Quen complete a ruta enteira terá unha camiseta irmandiña de regalo, ademais de poder participar nun sorteo de produtos de Estrella Galicia.

Presentando os Pinchos Irmandinos do Asalto ao Castelo 2024
Presentando os Pinchos Irmandinos do Asalto ao Castelo 2024

Para pequenas e grandes irmandiñas

Desde o Asaltiño, a gran revolución de nenas e nenos que invade Vimianzo na tarde do sábado, até unha semana enteira, haberá actividades pensadas para o público familiar. O Concello de Vimianzo prepara unha Semana Medieval de luns a venres, para a que se precisa inscrición previa, coa misión de achegar ás novas xeracións as revoltas irmandiñas e involucralos na propia festa.
O sábado 6 de xullo haberá obradoiros infantís, e unha intensa programación de mañá para todos os públicos con xogos de mesa de temática medieval, de xadrez e clash royale, con INCUDE da Universidade da Coruña; e demostracións de armas medievais, armadura e combate co Club Falcata HEMA.

Troula nas rúas: música e teatro

As rúas de Vimianzo non deixarán de vibrar co Asalto con música e espectáculos teatrais (Espazo artístico itinerante). Mención á parte merece o gamberro Des-enterro irmandiño do xoves 4, que culminará co Aquelarre de Ánimas de Palleiro para o Chamamento á Loita e a Foliada popular das meighas que terán lugar desde as últimas horas de sol.

Un venres centrado no castelo: Cea Medieval e concertos abertos

Ademais da música da AC Trubisquiña pola rúa ambientando os Pinchos Irmandiños, a actividade centrarase o venres 5 de xullo a partir das 20h30 no castelo de Vimianzo, co Enlace Irmandiño. Este dará paso á Cea Medieval, para a que xa están esgotadas as entradas.
En cambio, as portas abriranse a partir de medianoite para gozar dunha noite de concertos de entrada libre no castelo de Vimianzo, con Mondra e Monoulios DOP.

CARTEL_ASALTO AO CASTELO_Vimianzo_2024

PROGRAMA XXVII ASALTO AO CASTELO 2024

SÁBADO 15 DE XUÑO

  • 11:00 | Proxecto Nove Mares. Sabadelle: Fundación Eduardo Pondal (Vimianzo-Sabadelle)
  • 20:00 | Concerto. Orquestra Infantil Sinfónica de Galicia (Casa de Cultura)

DE LUNS 17 DE XUÑO A VENRES 5 DE XULLO

  • 10:00 a 14:00 | Exposición. Arqueoloxía Dixital Galega: GEAAT da UVigo (Casa de Cultura)
  • 10:00 a 14:00 (cita previa) | Videoxogos Clásicos en Galego: GEAAT da UVigo (Casa de Cultura)

DE LUNS 24 DE XUÑO A VENRES 28 DE XUÑO

  • 10:00 a 14:00 | Semana Medieval (Campamento Infantil)

SÁBADO 29 DE XUÑO

  • 21:00 | VIII Legua irmandiña (Praza do Concello-Castelo)

DE MARTES 2 DE XULLO A DOMINGO 7 DE XULLO

  • 10:30 a 14:00 e 16:00 a 20:30 | Mostra de Artesanía ao Vivo (Castelo)

DE MARTES 2 DE XULLO A SÁBADO 6 DE XULLO

 

  • 12:00 a 15:00 e 19:00 a 23:00 | XV PINCHOS IRMANDIÑOS

XOVES 4 DE XULLO

  • 20:00 | XI Espazo Artístico Itinerante (Rúa)
  • 20:00 | IX Des-enterro Irmandiño (Rúa)
  • 23:00 | II Aquelarre de Ánimas de Palleiro para o Chamamento á Loita (Praza do Concello)
  • 23:30 | Foliada Popular das Meighas (Praza do Concello)

VENRES 5 DE XULLO

  • 19:00 | Videoxogos Clásicos en Galego: GEAAT da UVigo (Praza do Concello)
  • 19:00 | XIII Circuíto Musical (Rúa): A. C. Trubisquiña
  • 20:00 | XI Espazo Artístico Itinerante (Rúa)
  • 20:30 | VI Enlace Irmandiño (Foso do Castelo)
  • 21:00 | Ofrenda musical: Cé Orquestra Pantasma (Foso do Castelo)
  • 21:30 | XIII Cea Medieval (Foso do Castelo)
  • 23:30 | XII Noite Meiga (Foso do Castelo)
  • 23:30 | Portas Abertas:
    - Tecla Negra
    - Cé Orquestra Pantasma
    - Queimada: druída Miguel Queiro
  • 00:30 | Concertos:
    - Mondra
    - Monoulious Dop

 

SÁBADO 6 DE XULLO

MAÑÁ na Praza do Concello, agás especificacións:

  • 10:00 a 20:30 | XII Feira Artesanal
  • 11:00 a 13:00 | Xogoflexia. Obradoiros Infantís: Cruz Vermella
  • 11:00 | Mesa de Presentación. Xogos de Mesa de Temática Medieval: INCUDE
  • 11:00 | Mostra. Evolución Histórica de Armas: Club Falcata Hema
  • 11:00 | Obradoiro de Armadura Medieval (I): Club Falcata Hema
  • 11:15 | Xadrez: Torneo de Rápidas (todos os públicos): INCUDE
  • 11:30 | Técnicas de Combate Medieval (I): Club Falcata Hema
  • 12:00 | Videoxogos Clásicos en Galego: GEAAT da UVigo
  • 12:15 | Torneo de Clash Royale (por Internet): INCUDE
  • 12:30 | XI Espazo Artístico Itinerante (Rúa)

Mañá Espazo Neghra Sombra:

  • 12:30 | Coídos (Javi Sampedro e Suso de Quinito): Uma Viagem pela História da Poesia e o Hino da Galiza
  • 13:30 | A Quenlla: Na lírica emoción
  • 14:00 | Sesión Vermú Ambulante: Lilicleta (Rúa)

TARDE

  • 16:00 | Aturuxos Irmandiños. Arenga Musical: Banda Plástica con Medio Quinhón
  • 16:30 a 17:30 | XI ASALTIÑO
  • 16:30 | Irrupción da Hoste dos Moscoso
  • 16:45 | Concentración de Tropa (Praza Castelao)
  • 17:00 | Ataque ao Castelo (Foso do Castelo)
  • 17:30 | IX Viaxe no Tempo. Historia Dramatizada do Castelo (Patio de Armas do Castelo)
  • 18:00 | Xadrez. Torneo Internacional de Rápidas (persoas federadas): INCUDE (Pavillón)
  • 18:00 | Obradoiro de Armadura Medieval (II): Club Falcata Hema
  • 18:20 | Técnicas de Combate Medieval (II): Club Falcata Hema
  • 18:40 | Obradoiro de Esgrima Infantil: Club Falcata Hema
  • 19:00 | VIII Irmandade Parroquial
  • 19:45 | VI Pregón (Asalto ao Castelo de Moeche) + Izado da Bandeira Irmandiña
  • 20:00 | VIII Des-Concerto: Flo w do Toxo
  • 20:00 | XIII Circuíto Musical (Rúa):
    Lilicleta
    Mestura Fol
    Medio Quinhón
    Malandros Escola de Samba

NOITE (ZONA DE CONCERTOS)

  • 21:00 | Cea
  • 21:00 | Manu Chao
  • 23:30 | ASALTO AO CASTELO
  • 01:00 | B oik ot
  • 02:30 | Süne
  • 04:00 | Festicultores

DOMINGO 7 DE XULLO

  • 11:00 | Visita Guiada (Castelo)
  • 12:30 + 17:00 | Visita Teatralizada: Quinquilláns (Castelo)
  • 13:30 | Sesión Vermú: Medio Quinhón (Praza Castelao)
  • 16:00 | Torneo Internacional de Xadrez (por Internet): INCUDE

Toda a info dispoñible en asaltoaocastelo.gal

MÁIS NOVAS DO ASALTO

Comentarios