Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Vimianzo propón 3 meses de teatro para encher o Auditorio

Programa de Vimianzo 2021
Presentación do programa
Vimianzo propón 3 meses de teatro para encher o Auditorio

Volve apostar o Concello de Vimianzo pola programación continua durante este outono para encher o auditorio da Casa da Cultura. 11 espectáculos do melloriño do país pasarán pola capital soneirá cada sábado entre outubro e decembro, no marco dun programa cofinanciado pola Rede Cultural da Deputación da Coruña e pola Rede Galega de Teatros e Auditorios Agadic da Xunta de Galicia.

Xentes como David Amor, Susana Dans, Evaristo Calvo, Patricia Vázquez, Miguel Pernas,Toño Casais, Tamara Canosa, Artur Trillo e moitas outras figuras de referencia no teatro galego saltarán á escena.

As representacións deste outono cultural serán os sábados ás 20:30h.e a billeteira, e a novidade deste ano chega en forma de venda anticipada a través de www.woutick.es (gastos de xestión incluídos) ou na billeteira da Casa da Cultura de luns a venres de 9 a 14 horas.

O programa

Programa AUDITORIO_PA_outono Vimianzo 2021

Abrirá o telón do programa a obra “Soga e Cinsa” a cargo de Aporía Escénica, que nos dará unha viaxe pola Europa dos séculos XV, XVI e XVII co obxecto de visibilizar o xenocidio que supuxo e a súa perversa conexión co desenvolvemento do sistema capitalista.

O día 9 de outubro Talía Teatro leva a escena “A parábola do angazo”, unha comedia lingüística dirixida por Diego Rey e protagonizada por Artur Trillo e Toño Casais.

O 16 de outubro será a quenda da compañía Elefante Elegante co espectáculo “Dreaming Juliet” inspirado na mítica "Romeo e Xulieta"

O día 23 de outubro, Quico Cadaval chega co seu “Complexo de Edipo” cheo de risas.

O 30 será a quenda de Cigarreiras”, a gran aposta de “Contraproducións” coas Susana Dans, Ledicia Sola, Ana Santos, Isabel Naveira, Tamara Canosa, Covadonga Berdiñas e Merce castro. Unha cita que serve para conmemorar o centenario do pasamento da novelista Emilia Pardo Bazán e na que a compañía presenta unha relectura dunha das obras máis interesantes da autora: A Tribuna.

Xa o 6 de novembro, Teatro da Ramboia, representa o espectáculo “O meu mundo non é deste reino”, unha adaptación da "Farsa de Bululú" de Manuel María.

O 13 de novembro, tócalle á compañía Teatro do Noroeste coa comedia de profundo contido social “Gloria Nacional”.

No mes de novembro destaca o espectáculo “Costureiras” da compañía Tarabela Creativa dentro da programación especial para conmemorar o Día Internacional Contra a Violencia de Xénero. As “costureiras” Ángeles Goás e Caxoto Díaz recrearán o quefacer das costureiras a través da narración oral, fiando unhas historias con outras.

O sábado 27, o coñecido cómico e actor David Amor e nesta ocasión presenta en Vimianzo “Love está en el aire”.

O día 4 de decembro a compañía Xa universos de momentos achega a Vimianzo o proxecto artístico de danza dirixído por Xián Martínez “Pioneras”.

E pecha a programación de outono o 11 de decembro coa compañía Producións Teatráis Excéntricas coa súa última montaxe” Estrela do Día , unha comedia divina, chea de cor, de música, de misterio e de humor.

Entradas

Ademais de en www.woutick.es, estará á venda na Casa da Cultura un bono para os 10 espectáculos (non inclúe espectáculo de David Amor) por 37,50€ e haberá descontos para maiores de 65 anos e para estudantes acreditados. O prezo da entrada é de 5 euros (reducida 2,50 euros). O espectáculo de David Amor ten un prezo de 10 euros (venda en www.ataquilla.com).

Comentarios