Conta atrás para a nova Gala Solidaria de Nadal de Vimianzo
Que ben ver a boa sintonía entre entidades sociais e os Concellos. A Gala Solidaria de Vimianzo é un dos mellores exemplos.
Queda pouco xa para o domingo 15 de decembro, cando a Casa da Cultura acolla, a partir das 17:00 horas, este singular evento. Unha Gala que este ano será presentada por Fran Cañotas, e que contará con multitude de actuacións (nomeadamente dos grupos da Escola Municipal), ademais dun gran sorteo de agasallos que incluirá algunha sorpresa e ao remate haberá unha gran chocolatada para todas as persoas asistentes.
Todas as persoas que desexen poñer o seu grao de area poderán adquirir as súas rifas, que terán o prezo dun euro, e as entradas, que custarán 5 euros, en Cáritas, Cruz Vermella ou na Casa da Cultura o propio día da gala.
Ademais, habilitarase unha ‘Fila 0’ para aquelas persoas que non poidan asistir ao evento pero que desexen colaborar.
Tamén se pode colaborar economicamente facendo unha doazón no número de conta ES51 2080 0082 4130 0007 3452 de ABANCA. Aquelas persoas que desexen solicitar un certificado de doazón poderao facer antes do 31 de decembro.
Para máis información, pódese contactar a través de: Cruz Vermella no 981 717 136, Cáritas no 686 050 585 ou Servizos Sociais no 981 707 426.