Xoves. 12.09.2024
El tiempo

Continúa por Vilaseco a ondanada de roubos por empresas da zona

Continúa por Vilaseco a ondanada de roubos por empresas da zona
Os ladrons entraron por unha fiestra en Gerca

Falabamos onte da ondada de roubos nocturnos por empresas dumbriesas. Pois a problemática non quedou aí, e esta madrugada do martes 10 ao mércores 11 de xuño, tocoulles ao Matadoiro Municipal de Soneira, e á empresa Gerca, ambos situados na parroquia de Vilaseco, en Vimianzo.

Foi, máis ben, unha intentona, como corroboran as imaxes que grabaron as cámaras de seguridade. De feito, ao non poderen desconectalas, botaron abaixo a operación, e apenas levaron uns 70€ da caixa do Matadoiro de Vimianzo, pero non fixeron máis.

Pola súa banda, en Ferca, máis alá do cristal roto, apenas levaron nin 100€, o solto que teñen de cambio para a caixa.

O modus operandi e o móbil parece que son os mesmos. Dúas persoas, de diferente estatura, con luvas para non deixar pegadas, e con pasamontañas. Os roubos aconteceron entre as 0:30h e a 1:15h, pero ao veren que non había moito botín, saíron rápido e ”case non romperon case nada”, como nos contan dende o Matadoiro. “Apenas unhas escaiolas do falto teito e pouco máis”.

Así, a Garda Civil xa está co caso, despois de ter rexistrado a denuncia, e as grabacións xa están á súa disposición.

Haberá que estar atentos e ter coidado coas alarmas… E sobre todo, que non vaia a máis, que esto non sexa unha proba e volvan outro día, como apuntan dende Gerca.

Novas relacionadas

Outros roubos

Fonte

Comentarios