Venres. 26.04.2024
El tiempo

#CostadaVida: Vimianzo estrea o seu ambicioso proxecto que encherá de cultura as súas parroquias

Presentacion CostadaVida Vimianzo
#CostadaVida: Vimianzo estrea o seu ambicioso proxecto que encherá de cultura as súas parroquias

Veu a luz este luns 30 de outubro o poderoso proxecto cultural do Concello de Vimianzo “Costa da Vida”. Unha programación que levará as artes escénicas e na música polas parroquias do Concello vimiancés, que levou a mellor puntuación das 15 propostas subvencionadas nesta liña de axudas da Axencia Galega das Industrias Culturais.

ACostadaVidaRedesMercedes_V1_cadrada copia
O concerto de Mercedes Peón abrirá o programa

O groso do programa concentrarase entre os meses de xaneiro e marzo de 2023 cunha vintena de actuacións de teatro, música, humor e narración oral, como os espectáculos “Dous no camiño”, “As alumnas e Feo”, os concertos de “Píscore”, “Acordereita”, “Pan Sen Fron”, “Caamaño & Ameixeiras” e “Carapaus”, ou os monólogos de Marta Doviro, Vero Rilo e Avelino González, entre outras.

Tamén forman parte desta carteleira formacións da zona como os grupos de pandeireteiras de Carnés, de Treos, de Berdoais e de Baíñas ou os de gaitas de Carantoña e da Asociación Cultural Trubisquiña.

Programa

Porgrama CostaVida Vimianzo 22

Comentarios