Venres. 29.03.2024
El tiempo

A Cruz Vermella en Vimianzo organiza un novo curso de Primeiros Auxilios

A Cruz Vermella en Vimianzo organiza un novo curso de Primeiros Auxilios

Sabes que facer se o teu compañeir@ de mesa entapuza coa comida? Ou se sofre unha caída e ten un traumatismo, ou unha queimadura…? Sabes realizar a reanimación cardio-pulmonar (RCP)? Sabes como actuar coas crianzas? Na meirande parte dos casos seguro que teríamos moitas dúbidas, que nunca son boas en caso de emerxencia.

Da aí a importancia de parcipar no novo curso de primeiros auxilio que organiza a Asemblea de Cruz Vermella en Vimianzo. Serán 20 horas impartidas, os sábados de 9:00h a 14:00h dende o 7 e ata o 28 de marzo.

O curso será impartido por Teresa Castro Villaverde e Aurelio Trillo Castro, ambos Médicos de familia; Mercedes Lema Díaz, Enfermeira – D.U.E., e Purificación Miñones Sousa, Enfermeira – Matrona.

O curso ten un custe de 90€, con descontos do 10% e 20% para persoas desempregadas, estudantes, socios e voluntarios. O prazo para inscribirse finaliza o mércores 4 de marzo. Para máis información ou inscricións, os interesados poden contactar coa Asemblea de Cruz Vermella en Vimianzo de maneira presencial, no teléfono 981 71 71 36 ou no correo [email protected].

Comentarios