Sábado. 14.09.2024
El tiempo

De axudas e bicicletas por Vimianzo

De axudas e bicicletas por Vimianzo

Se ben este domingo é o Día da Bicicleta en Vimianzo, antes de collela falamos do novo plan de axudas que vén de aprobar o Concello de Vimianzo. Subvencións dirixidas ás asociación culturais, sociais e deportivas, e perfectamente compatibles coas Axudas da Deputación.
As axudas que se dividen en dous grupos con diferente partida orzamentaria, estando por unha banda as axudas para o fomento de actividades culturais e sociais, dependentes da partida orzamentaria 334.489, para as que o concello dispoñía 3.500€; por outra banda están as axudas para o fomento das actividades deportivas, que corresponden á partida orzamentaria 341.489, para as que se dispoñían 23.000€. Nestas últimas cabe destacar a diferenciación entre as axudas para as asociacións deportivas e para os clubs ou equipos de fútbol federados, que levan a maior contía económica, para os que se destina un máximo de 21.000€ da contía total.

Axudas culturais

En canto ás axudas para o fomento das actividades culturais, trece asociacións do concello concorreron a esta convocatoria, resolvendo o tribunal avaliador a contía correspondente en función da actividade proposta á subvención. As Asociacións que recibirán estas axudas son a Asociación Cultural Trubisquiña, Asociación Cultural O Castelo de Vimianzo, Asociación Parroquial de Berdoias, que recibirán 400€ cada unha; Asociación Neira Marcos de Salto, Asociación Xuvenil Cherinkas, Asociación de Palilleiras As Nemanquiñas, con 300€; Asociación Cultural A Rula, Asociación de Empresarios e Comerciantes de Vimianzo, Asociación Cultural Stabat Mater de Vimianzo, Cruz Roja Española, Anpa San Vicente e Asociación de Veciños Cañóns do Pozo do Corvo, que recibirán 200€.

Axudas Deportivas

Entre as axudas para o fomento de actividades deportivas, cinco asociación concorreron a esta convocatoria: Asociación Neira Marcos de Salto, Asociación Deportiva de Pesca Neria, Asociación Cultural O Castelo de Vimianzo e Asociación Xuvenil Cherinkas, que recibirán 500€ cada unha para a realización das actividades presentadas.

Dentro das axudas para o fomento das actividades deportivas teñen un espazo especial os clubs e equipos de fútbol federados, tendo establecidas de antemán na propia convocatoria as contías máximas correspondentes en función da categoría na que militen, diferenciando así mesmo entre a subvención para a actividade propiamente dita e a cantidade establecida para arbitraxes e transporte. Para establecer a contía da axuda tense en conta ademais o número de xogadores ou xogadoras en plantilla empadroados no concello de Vimianzo. Deste xeito a contía total repártese entre os seguintes clubs de fútbol solicitantes: Club Veteranos de Vimianzo (141,57€), Club de Fútbol Castrelo (755,06€), Club Deportivo Baíñas (755,06€), Fisober (4105,62€, para todas as categorías) e Soneira SD (15242,70€) para as categorías de modestos e xuvenís).

No que se refire ás axudas destinadas aos centros de ensino para a realización de actividades culturais e deportivas, as axudas nesta ocasión aparecen contempladas no propio orzamento municipal, que xa está aprobado definitivamente, podendo o equipo directivo solicitar a transferencia da cantidade sinalada cando o considere oportuno, sempre dentro do actual exercicio económico.

Día da Bici

Dia da Bicicleta Vimianzo 2014

Este próximo domingo 22 de xuño celebrarase en Vimianzo o III Día da Bici do Concello de Vimianzo. A marcha sairá da Praza do Concello ás 11:00 e percorrerá uns 13 quilómetros polas rúas e polo val de Vimianzo. Esta é unha actividade pensada para que participe toda a familia, xa que se trata de facer un paseo en bicicleta, cun ritmo moi baixo.

Se queredes participar podedes pasarvos polo concello para facer a inscrición, aínda que tamén se poderá facer o mesmo día da marcha a partires das 10 da mañá. É obrigatorio o uso de casco. Ó remate da marcha sortearase unha bicicleta e moitos máis agasallos entre as persoas participantes.

Novas relacionadas

Fonte

  • Concello de Vimianzo.

Comentarios