Desestimados os recursos do funcionario e o empresario irmán do ex alcalde polo sobrecuste da Casa da Cultura de Vimianzo

Tempos de xulgados no Concello de Vimianzo. Esta semana coñeciamos que o TSXG anulaba o expediente aberto ao arquitecto municipal, e hoxe coñecemos dous novos autos do Xulgado de Instrución de Corcubión, que desestiman os recusos presentados por Manuel Rodríguez Lema e Julio Vázquez Rodríguez en relación á imputación por prevaricación administrativa no asunto da Casa da Cultura.

Unha historia que vén de longo, que tivo que ser pechada a base de crédito tralo famoso sobrecuste de 700.000 que esixiou a empresa adxudicataria, lembremos a empresa do irmán do ex alcalde, precisamente Manuel Rodríguez Lema.

Así, os dous autos saen dos recursos presentados en 2014 por Vázquez Rodríguez e Rodríguez Lema, ante unha denuncia presentada por Carmen Borbujo no 2011 por suposta prevaricación administrativa. Uns recursos que saen desestimados, pois hai “suficientes indicios en contra do imputado que xustificarían a continuación do procedemento na súa contra”.

Sobre Vázquez Rodríguez, o auto explica que impumplíu a lei, dada a súa “condición de funcionario público e técnico director de obra”, e “ao solicitar unha modificación do proxecto orixinal en 2007, por un importe de máis de 700.000€, para o que non fixo nun solicitude ao pleno municipal nin esperou á concesión de autorización, nin redactou o proxecto de modificado algún”. “Deste xeito, Vñázquez tería incumprido a súa obriga (como técnico director de obra) de controlar a correcta execición dando conta ao órgano de contratación”.

Sobre o empresario Rodríguez Lema, irmán do ex alcalde, se lle imputa a calidade de “cómplice (ou cooperador necesario) na comisión do delito de prevaricación”.

Deste xeito, o proceso continúa tras desestimar os recursos, unha vez “confirmados os posibles feitos e delitos imputados ao recurrente”.

Novas relacionadas