Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Pagando a Casa da Cultura de Vimianzo

Pagando a Casa da Cultura de Vimianzo

Aínda segue a voltas o asunto da Casa da Cultura de Vimianzo. De feito, no día de onte o Concello de Vimianzo realizou o pagamento do 3º prazo dos intereses do sobrecuste da Casa da Cultura á empresa do irmán do ex alcalde Manuel Rodríguez Lema SL.

Desde o goberno municipal lembran que "no ano 2012 o Concello pagoulle 740.000 € de capital á referida empresa por obras da Casa da Cultura realizadas fóra de contrato, grazas a un préstamo bancario que o actual goberno logrou acadar ao obter unha xestión económica positiva. A día de hoxe seguen en Corcubión as dilixencias previas dun proceso penal por supostos delitivos das obras realizadas fóra de contrato nas que está imputado o pai e mais o tío da actual concelleira de IxV, Mónica Rodríguez, quen foi representante da empresa na licitación da referida obra".

Apunta ademais que "o TSX acaba de confirmar a proposta de pagamento fraccionado dos intereses desde capital que formulou o goberno municipal de Vimianzo e que foi recorrido pola empresa. No día de hoxe fíxose fronte ao terceiro prazo por unha cantidade de 20.000 €, sumando xa 50.000 € ao total dos pagos efectuados polo Concello de Vimianzo en concepto de intereses e dos que aínda restan 85.000 € para finiquitar a débeda no primeiro semestre de 2015".

Máis pleitos

E esta semana vimos de coñecer que o grupo da oposición de IxV vén de presentar unha denuncia polo Cemiterio de Salto e outra ante Garda Civil contra o Alcalde de Vimianzo, Manuel Antelo, por impedir que se debatise unha moción no pleno.

Accións, que dende o grupo de goberno vimiancés consideran que se trata de "crear problemas e dar unha mala imaxe do noso concello, imaxe que os veciños non merecen".

A historia da Casa da Cultura de Vimianzo

Fonte

Comentarios