O PP de Vimianzo pide que o Concello entrege ao Xulgado o expediente da Casa da Cultura tras dous meses de retraso


A portavoz do PP de Vimianzo, Carmen Borbujo, a través dos seus servizos xurídicos, presentou a pasada mañá de luns 16 de maio no Xulgado de Instrución nº1 de Corcubión un escrito no que solicita ao xuíz que requira ao Concello a remisión urxente do expediente administrativo da Contratación da Casa dá Cultura nun prazo máximo de 24 horas.
Carmen Borbujo recorda que o xulgado de Corcubión solicitou fai máis de dous meses o expediente das obras, por contar con indicios de supostos delitos de prevaricación administrativa, fraude e negociación indebida, entre outros. "O goberno local debe ocultar moito, cando tarda 2 meses en fotocopiar un expediente, que me consta está recompilado desde fai máis de 2 semanas. Por que non se entregou aínda?", pregúntase a candidata do PP.
A urxencia da remisión deste escrito vén dada polo tempo transcorrido, máis que suficiente, e "polo risco de manipulación da documentación como consecuencia do proceso electoral. Neste período vaise a disolver a corporación municipal e constituirase de novo 20 días logo das eleccións, o que suporá máis atraso e a posibilidade de extravío do expediente por parte das persoas implicadas".
Carmen Borbujo recorda que "o PP quere saber os nomes dos responsables do sobrecusto das obras da Casa da Cultura e que sexan eles quen asuman o pago".
Novas relacionadas co asunto da Casa da Cultura
- O avogado do recurso da Casa da Cultura de Vimianzo responde a Carmen Borbujo.
- O PP vimiancés pide parar a execución da sentenza de pago do sobrecuste da Casa da Cultura.
- O pleno de Vimianzo acorda recorrer a sentenza da Casa da Cultura.
- O Concello de Vimianzo terá que pagar 740.000€ ao irmán do Alcalde pola Casa da Cultura .
Máis novas
- O PP vimiancés presenta un proxecto para recuperar Sabadelle.
- Entrevista con Carmen Borbujo, candidata do PP de Vimianzo.
Fonte
- Nota de prensa do PP de Vimianzo.