A Casa da Cultura de Vimianzo supera a terceira denuncia


Esperpéntica a historia da Casa da Cultura de Vimianzo. Se o pasado de marzo pensabamos que se puña fin á historia de pleitos coa sinatura dun crédito para pagarlle a débeda á empresa do irmán do ex alcalde, hoxe coñecemos que había unha terceira querela interposta tamén pola empresa Manuel Rodríguez Lema SL contra o alcalde de Vimianzo, Manuel Antelo Pazos.
Unha querela posta por suposta "prevaricación administrativa" por non querer executar a sentencia e proceder ao pago. Pero segundo confirma o Concello de Vimianzo esta querela queda sobreseída, unha vez que "o xuíz de Corcubión confirma o bo actuar do alcalde de Vimianzo".
"Desestabilizar"Segundo o rexedor vimiancés "a querela interposta pola empresa Manuel Rodríguez Lema SL unicamente perseguía destruír e crear inestabilidade respecto da alcaldía de Vimianzo. Aínda por riba de pagar temos que soportar a mala idea da atacar os intereses municipais” di Manuel Antelo, quen destaca que en todo este asunto, desde que é alcalde, "a empresa intentou paralizar e anular pagamentos a proveedores e obras municipais."
E tamén ten verbas para o ex alcalde. “Non fixo o mesmo cando gobernaba o irmán do construtor, xa que os máis de 300.000,€ que gastou na campaña electoral poderían valer para pagar parte da débeda da Casa da Cultura”. O alcalde lamenta, ademais, que "na querela se presentasen documentos usurpados no concello de Vimianzo, xa que se presentaron fotocopias de facturas e informes de intervención e tesourería que a empresa obtivo usando procedementos non legais".
Esperemos que con esta sentencia se dea punto e final a un exemplo de como as obras municipais poden destrozar un concello. I é que a historia ten de todo: un proxecto creado dende o principio por riba das necesidades da poboación vimiancesa, clientelismo na contratación das obras, neglixencias á hora de levalas a cabo, un sobrecuste sen sentido, para rematar cuns litixios que o único que fan é afundir ás arcas municipais.
Novas relacionadas
- 23-03-12: Remata a historia de pleitos da Casa da Cultura de Vimianzo coa sinatura dun crédito.
- 15-02-12: O Concello de Vimianzo remata o 2011 en positivo e pode solicitar o crédito para a Casa da Cultura.
- 18-11-11: O alto custe da Casa da Cultura de Vimianzo.
- 09-08-11: A Casa da Cultura para pagar a Casa da Cultura.
- 02-08-11: Alejandro Rodríguez elude responsabilidades sobre a Casa da Cultura.
- 01-08-11: Borbujo responsabiliza ao alcalde do pago da Casa da Cultura.
- 15-07-11: IxVimianzo clarexa a súa postura sobre a sentencia da Casa da Cultura e pide austeridade.
- 18-05-11: O PP de Vimianzo pide que o Concello entrege ao Xulgado o expediente da Casa da Cultura tras dous meses de retraso.
- 12-04-11: O avogado do recurso da Casa da Cultura de Vimianzo responde a Carmen Borbujo.
- 24-11-10: O pleno de Vimianzo acorda recorrer a sentenza da Casa da Cultura.
- 15-11-10: O Concello de Vimianzo terá que pagar 740.000€ ao irmán do Alcalde pola Casa da Cultura .
- 24-04-09: A empresa do irmán do alcalde de Vimianzo cobrou ao concello ao triple do prezo de mercado.
- 25-08-08: A Casa da Cultura vai ao xulgado.
- 20-08-08: Adxudicadas as últimas obras da Casa da Cultura de Vimianzo.
- 04-08-08: A Casa da Cultura de Vimianzo aínda non está rematada.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
- Nota de prensa do Concello de Vimianzo.