Venres. 26.04.2024
El tiempo

O pleno de Vimianzo acorda recorrer a sentenza da Casa da Cultura

O pleno de Vimianzo acorda recorrer a sentenza da Casa da Cultura
Onte, tiña lugar un pleno extraordinario en Vimianzo, monográfico sobre a Casa da Cultura. O pleno votou a posición do Concello ante sobrecoste de preto de 800.000€ que o Concello de Vimianzo ten que pagar á empresa do irmán do alcalde. Malias discrepancias iniciais entre PP e BNG, os dous grupos uníronse para obrigar ao Concello a recorrer a sentencia. Á sesión do pleno foi moi concorrida, e acudiron moitos veciños e veciñas, así como todo o plantel do persoal da empresa do irmán do alcalde. A Comisión de Portavoces xa acordou propor un avogado e procurador distintos, para mellorar a transparencia do proceso. E sen máis coñecemos as posturas dos grupos opositores tralo pleno.

O BNG sinala que "Vimianzo recuperou a autoestima"

Moi satisfeito amósase o voceiro do BNG vimiancés Manolo Antelo. Antelo destaca que "Vimianzo recuperou a dignidade e a autoestiva, así como un sopro de cambio e liberdade" trala decisión do pleno de recorrer a sentencia. Fala de "día histótico" para o concello, un día no que "os vimianceses percibiron que o cambio político en Vimianzo é posible". Lembra, iso si, que a devandita sentenza derívase "dos acordos entre PP e PSOE no pleno celebrado o 29 de maio de 2008 cando aproban un suposto informe de auditoría, co voto contrario do BNG". E nesa liña sinala a Carmen Borbujo, voceira do PP, ademais do alcalde, como "responsables políticos destes "disparate", e lóubase de ter solicitado este pleno, sen o cal, ao seu ver, non se determinaría este recurso. Con todo, o BNG amósase contento pol cambio de parecer do PP. Ten palabras tamén Antelo para Nieves Lema, quen finalmente votou en contra da apelación. "Coa súa decisión Nieves Lema acaba de cargarse o carácter renovador e a independencia da chamada Plataforma do PSOE", sinala Antelo. Ademais denuncia o BNG que a suposta valoración que encargou o Concello "nunca tivo entrada, nin foi comentado no seo da Corporación por parte de ninguén." Ata o alcalde a descoñecía segundo afirma o BNG.

O PP valora positivamente a decisión do pleno pero quere responsables

"No pleno de hoxe demostrouse que o PP municipal non se vende a ningún pacto e vea polos intereses dos veciños", así comeza o comunicado da líder popular, Carmen Borbujo. O PP teno claro e "considera que é necesario coñecer os nomes dos responsables que permitiron o sobre custo". De igual xeito, Carmen Borbujo "agradece que o BNG recapacitase sobre a súa postura e que apoie a proposta do PP de iniciar unha comisión de Investigación para depurar responsabilidades, e de enviar o expediente á Fiscalía, ao valedor do pobo e a Oficina Europea Antifraude". Iso si, tamén critican a postura do BNG, "por dar a sensación de non querer investigar un dos casos máis confusos da historia do concello". Aseguran que "o primeiro paso dado polo grupo popular foi aprobar, fai tres anos, unha auditoría que permitiu determinar a existencia dun proceso de contratación irregular, e cuantificar o custo da obra realizada de máis". E afirman que "O concello non pode asumir o erro cometido por persoas que teñen nome e apelidos". "O PP deixou claro hoxe, unha vez máis, que o partido non se vende e que velará sempre polos intereses de Vimianzo", afirma Carmen Borbujo.

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

  • Redacción de QPC.

Comentarios