Martes. 04.08.2020
El tiempo

Remata a historia de pleitos da Casa da Cultura de Vimianzo coa sinatura dun crédito

Remata a historia de pleitos da Casa da Cultura de Vimianzo coa sinatura dun crédito

Así o anunciabanen febreiro: o balance positivo do Concello de Vimianzo permitía solicitar un crédito para pagar o sobrecuste da Casa da Cultura. E así o rubricaron este xoves 22 de marzo, cun crédito bancario asinado polo alcalde, Manuel Antelo, que permitirá o cumprimento da sentenza xudicial para o pagamento da Casa da Cultura.

Cómpre lembrar que a Xustiza obriga ao Concello a pagar á empresa do irmán do ex alcalde un sobrecuste de 855.000€, con intereses, tras duplicar o orzamento inicial sen avisar e tras denunciar ao propio Concello.

Para o alcalde de Vimianzo hoxe é un día importante para o concello xa que “a sinatura do crédito supón un punto e á parte no concello de Vimianzo, permitíndonos acatar a sentenza xudicial que nos obriga ao pagamento da obra realizada a maiores na Casa da Cultura, que viña sendo un lastre para a economía do noso concello” di Manuel Antelo. “Agora á Casa da Cultura tócalle pasar páxina e deixar de ser noticia por cuestións de débedas e comezar a ser noticia unicamente pola actividade cultural que nela se realiza”.

Na sinatura do crédito estiveron presentes a notaria, Ana Belén Mallada, o director da entidade bancaria, Ramón Castiñeira, o secretario, Rafael del Barrio, e a interventora, Eva Casal.

Efectivo

De feito, a golpe de venres 23 de marzo, fíxose efectivo a consignación na conta do concello de Vimianzo do crédito bancario que permite acatar a sentenza xudicial que obriga a cumprir co pagamento da obra realizada a maiores na Casa da Cultura.

Novas relacionadas

Fonte

comentarios