Sábado. 20.04.2024
El tiempo

O Concello de Vimianzo remata o 2011 en positivo e pode solicitar o crédito para a Casa da Cultura

O Concello de Vimianzo remata o 2011 en positivo e pode solicitar o crédito para a Casa da Cultura

Ofrecía onte o alcalde vimiancés Manuel Antelo, unha rolda de prensa para explicar os avances en materia económica do Concellos. Uns avances, que permiten, segundo sinalan, solicitar o crédito para pagar o alto custe da Casa da Cultura. I é que para solicitar o crédito ICO o Concello tivo que rematar o ano 2011 en positivo.

Así, alcalde e concelleiro de Facenda, Fernando Mancebo, destacaron que "o goberno de Vimianzo, en minoría, e levando tan só sete meses no goberno, foi quen levar adiante a aprobación dos orzamentos do ano 2012, de realizar un plan de saneamento económico-financeiro e de pechar a liquidación do exercicio económico 2011 con resultados positivos, concretamente cun superavit de 24.388,67€, e un remanente de tesourería de 230.000€".
E lembraron de paso que "no exercicio 2010 a liquidación obtivo resultados negativos, -297.365, euros, e o remanente de tesourería tamén foi negativo (-41.860,€) o que levou a que se iniciase o exercicio 2011 cun aforro neto negativo de -179.252,€ datos de xaneiro de 2011".

O alcalde destacou que "a política de control de gasto e austeridade que leva a cabo o actual grupo de goberno fixo posible que a cifra mudase a resultados positivos e a día de hoxe o aforro neto do concello, consecuencia da liquidación do exercicio 2011, sexa de 4618,16€". I é que afirman que cando se puxeron ao mando do goberno, o pasado mes de xuño, "o aforro neto do concello acadaba un déficit de -484.103,€".

O Crédito para Casa da Cultura polo pleno

Agora é responsabilidade do pleno que se poida levar a cabo, pois é necesario aprobalo por maioría absoluta. Na vindeira semana convocarase un pleno extraordinario e a oposición terá a última palabra.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios