Doan ordenadores portátiles para que os estudantes de Vimianzo poidan estudiar mellor a corentena
 
          
    13:02 08/05/20 
            Xa realizou unha doazón a comezo da corentena o Concello de Vimianzo dunha serie de ordenadores portátiles. Agora vai poder chegar a máis familias coa nova doazón da empresa de eólicos EDP, e que se destinarán ao servizo de préstamo. Unha acción para reducir a fenda dixital e permitir que as familias con menos recursos poidan manter o ritmo lectivo de cara á continuación das clases de xeito telemático.
Servizos Sociais estudou caso por caso para dar prioridade ás familias en maior risco de vulnerabilidade.
 
       
       
             
             
             
             
         
           
          