Xoves. 25.04.2024
El tiempo

As entidades sociais de Vimianzo buscan a colaboración da veciñanza para axudar ás familias máis necesitadas

Alcaldesa de Vimianzo coas presidentas da Cruz Vermella e Caritas da vila
A Alcaldesa de Vimianzo coas presidentas da Cruz Vermella e Caritas da vila
As entidades sociais de Vimianzo buscan a colaboración da veciñanza para axudar ás familias máis necesitadas

Non haberá Gala Solidaria este ano Vimianzo, pero a necesidade é maior que nunca. Por iso, Cáritas e Cruz Vermella queren dar un paso adiante e pedir á sociedade que colabore dende “a distancia”. Así o asinaron nunha carta asinado pola alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez; a presidenta de Cruz Vermella, Rebeca Veiga e a directora adxunta de Cáritas, María Carmen Vázquez.

As entidades solicitan que "a xente, dentro das súas posibilidades, traten de axudar aos colectivos máis vulnerables nesta pandemia” e facilitan un número de conta para facer as respectivas doazóns: ES51 2080 0082 4130 0007 3452.

Ademais, para as persoas interesadas en colaborar con ambas organizacións, dispoñerase das caixas solidarias para realizar a doazón de alimentos que se considere, nas igrexas, centros educativos supermercados, concello e sedes de Cruz Vermella ou Cáritas.

De igual xeito, dende as entidades recordan ás familias con necesidades que teñen as portas abertas para recibilas e axudarlles.

Novas relacionadas

Comentarios