Venres. 19.04.2024
El tiempo

Estrella Galicia como “tractor” para o despegue do Polígono de Vimianzo

Visita institucional a nave de Estrella Galicia en Vimianzo
Visita institucional a nave de Estrella Galicia en Vimianzo
Estrella Galicia como “tractor” para o despegue do Polígono de Vimianzo

Gerka xa ten dúas naves, como Pérez Rey. Tamén están operativas Pádel Costa da Morte, Hostelfrío, Froitas Salgado e o Punto Limpo, mentres Pan Ignacio espera poder poñer en marcha a súa nave. Semella que o polígono de Vimianzo xa arrincou, a pesar dos custes de Suelo Empresarial del Atlántico.

Ademais, a chegada da nave de distribución da Estrella Galicia ao Polígono de Vimianzo pode servir de foco de atracción, ou de “tractor”, como sinalaba o Director Corporativo da marca galega Antonio Viejo, para que outras grandes empresas se instalen na zona.

Este martes facíase a inauguración institucional, coa visita do alcalde vimiancés Manuel Antelo, tras un mes de actividade desta nova Delegación de Bergantiños de Hijos de Rivera. Instalacións que servirán como almacén para as comarcas Bergantiños, Xallas e Fisterra, e na que traballan xa arredor de 30 persoas entre fixos e externos. Se ben xa hai unha gran actividade, será en verán cando o almacén funcione a tope de carga de traballo.

”Unha demostración do noso compromiso con Galicia a través da implantación no territorio e a xeración de emprego e riqueza na zona”, sinalou Viejo tamén ca presenza de Antonio Buzón, Director Comercial de Hijos de Rivera e Pablo Arangüena, Gerente de Chan Empresarial do Atlántico.

Visita institucional a nave de Estrella Galicia en Vimianzo 2

Pola súa parte Antelo incidiu na rapidez coa que se aprobaron todos os trámites (apenas un mes, batendo marcas) para a chegada da empresa, e agradece que a empresa escollese vimianzo tanto pola “imaxe positiva que aporta ao Parque como polo emprego e a riqueza que crea, consolidando esta área como o referente de chan industrial na comarca”.


 

Comentarios