Domingo. 19.05.2024
El tiempo

Eu cociño con auga de mar da Costa da Morte

Eu cociño con auga de mar da Costa da Morte
Establecimentos vimianceses como o Celme xa utiliza Augademar Bretema

A innovación está moi presente na Costa da Morte. Non hai moito asistíamos a un Congreso en Carballo coa Innovación como tema principal, e descubrimos que a bisbarra ten un fantástico potencial. Non estiveron en Carballo pero un veciño vimiancés deunos conta da súa aparición en escena.

I é que a pequena empresa augasdemar.com está comercializando, precisamente, auga do mar da Costa da Morte. Curiosamente a empresa é vimiancesa, de Pasarela, sendo un dos concellos con menos metros de litoral da zona. Pero ese pequeno espazo costeiro vimiancés, Sabadelle, serve para encher ducias e ducias de garrafas da auga salgada máis pura.

”Brétema”, a marca escollida pola empresa, que se chama precisamente “Coido de Sabadelle”, dá este salto pensando na alta cociña, e en como os expertos gastronómicos de todo o país saben apreciar as bondades da verdadeira auga mariña. Coa súa salgada textura, este auga serve para potenciar os sabores dos produtos do mar, apostando pola excelencia.

Ten máis aplicacións, pero a gastronómica é a máis habitual. Co modero sistema “bag in box”, ademais, é de fácil transporte, e xa son moitos os establecimentos vimianceses que apostan por condimentar as súas tapas con este tesouro tan noso.

Aquí, un exemplo de como facer pan de algas con auga de mar:

E aquí, un peixiño en auga de mar:

Novas relacionadas

Fonte

https://www.youtube.com/watch?v=Hgug4Jk1Jsg

Comentarios