Éxito formativo en Vimianzo: 14 alumnos rematan un curso avanzado de competencias dixitáis
O pasado martes 3 de decembro rematou con notable éxito o curso intensivo de competencias dixitais que, durante dez semanas, se impartiu na Casa da Cultura de Vimianzo. Un total de 14 alumnos e alumnas da localidade completaron esta formación especializada, que comezou o pasado 23 de setembro.
O programa formativo, de carácter integral e práctico, abarcou as áreas clave para desenvolverse con soltura e seguridade no entorno dixital actual. Os módulos impartidos foron:
- Busca e Xestión da Información Dixital
- Creación de Contidos Dixitais e Programación
- Comunicación e Colaboración con Ferramentas Dixitais
- Resolución de Problemas no Entorno Dixital
- Seguridade e Civismo no Entorno Dixital
O peche final e a demostración palpable da aprendizaxe adquirida foi a publicación por parte do propio alumnado dunha produción dixital en redes sociáis, creada integramente cos coñecementos e ferramentas traballadas na aula. Este proxecto final non só certifica as habilidades técnicas aprendidas, senón tamén a súa capacidade para aplicalas de forma creativa e efectiva.
Financiamento e Xestión
Esta iniciativa foi posible grazas á financiación conxunta da Xunta de Galicia, a Unión Europea (NextGenerationEU), o Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE), no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia. A xestión operativa do curso estivo a cargo da UTE Beproject Ara Formación, entidade especializada en capacitación profesional.
A finalización deste curso representa un gran logro para a comunidade de Vimianzo, potenciando as capacidades dixitáis dos seus veciños e abrindo novas portas tanto no ámbito persoal como profesional. Supón un paso máis na necesaria adaptación á sociedade dixital e na redución da fenda de competencias no ámbito rural.
Artigos relacionados