xoves. 19.06.2025
El tiempo

Un falecido nun accidente en Vimianzo

accidente vimianzo
Un falecido nun accidente en Vimianzo

Rexistrouse esta tarde de xoves 19 de xuño, ás 17:16 horas, unha saída de vía na entrada norte de Vimianzo. Un vehículo que baixaba sentido Fisterra perdeu o control e estampouse contra o portal ao carón do bar A Fonte. 

Segundo fontes presentes, o home sufriría unha "indisposición" e perdería o control do vehículo, impactando, levemente, na parede do edificio. 
Ao lugar o 112 molizaba os bombeiros do parque provincial de Cee, e aos técnicos sanitarios do 061, que só puideron ratificar o seu falecemento.

Comentarios