Venres. 26.04.2024
El tiempo

A feira de Vimianzo adáptase á “nova normalidade”

Feira de Vimianzo na nova ubicaco¡ion
Feira de Vimianzo na nova ubicaco¡ion
A feira de Vimianzo adáptase á “nova normalidade”

A pesar de toda a polémica xerada a pasada semana arredor da nova ubicación da feira dos xoves de Vimianzo, onte desesnvolveuse con normalidade.

Máis dun centenar de postos de produtos de téxtil, alimentario, enxoval e floristaría, instaláronse nos terreos arredor da Casa da Cultura. Ademais, dende o Concello aseguran que houbo “unha boa afluencia de público”.

En todo caso, desde o Concello insisten en que a nova ubicación é “temporal, e está condicionada única a exclusivamente por motivos de seguridade debido ao contexto socio sanitario actual”, comenta a alcaldesa, Mónica Rodríguez.

esde o Concello quixéronse estender os agradecementos ‘ás persoas que integran os postos desta feira, por comprender e entender a decisión do goberno local, e pola súa disposición; así como á Policía Local e ao persoal técnico do noso Concello, que desempeñou unha labor fundamental para que esta nova ubicación provisional fose posible’, argumentan.

Feira de Vimianzo na nova ubicaco¡ion 2

Novas relacionadas

Comentarios