Os IES lembran que remata o prazo de matriculación para a FP, unha gran oportunidade para o emprego
Xa o lembraban esta semana dende o tecnolóxico IES de Zas. E estes días é o IES Terra de Soneira que este luns é o último día de prazo para inscribirse nos módulos de FP. Unhas propostas formativas tremendamente enfocadas ao emprego, que supoñen unha alternativa moi positiva para o alumnado.
No centro vimiancés lembran que ofrecen os Ciclos Formativos, Medio e Superior, da Familia de Administración e Finanzas. Ámbolos ciclos contan con 2000 horas de formación, equivalentes a dous cursos académicos, que inclúen un período de prácticas laborais en empresas. O IES Terra de Soneira ten asinados convenios de colaboración cun amplo abano de empresas da comarca, o que lle permite garantir ao seu alumnado as prácticas asociadas aos ciclos, así como unha moi alta inserción laboral.
Para máis información podes poñerte en contacto co noso centro a través do correo electrónico [email protected], no teléfono 881 866 519 ou na web www.edu.xunta.gal/centros/iesterradesoneira/.