Martes. 23.04.2024
El tiempo

Isto si que é muiñada!

Isto si que é muiñada!
De Vacas interpretaron éxitos músicas internacionais a golpe de ritmo tradicional O grupo De Vacas interpretou algúns éxitos músicas internacionais a golpe de ritmo tradicional Non fixo falta que a I Muiñada de Vimianzo durase unha semaniña enteira para que deixara un bo sabor de boca tanto aos organizadores - A.C. Cherinkas e concello de Vimianzo - como aos centos de veciños e de amigos da foliada que pasaron por alí o pasado sábado, 3 de outubro. O muíño da Agra, situado no centro da vila e recentemente recuperado, foi o lugar elixido para esta "antropofesta" coa que se reivindicou este ben etnográfico. Alí, nen@s e maiores esfollaron e debullaron millo, moeron, cantaron, bailaron e, como non podía ser doutra maneira, comeron. A muiñada comezou á tarde para os máis pequenos co espectáculo de Migallas Teatro e con varios xogos populares ao redor do muíño, que pouco a pouco foron dando paso á cea. E aquí foi onde quedou demostrado que os vimianceses están "orgullosos do noso"; xa que non dubidaron en colaborar coa organización traendo distintos pratos elaborados na casa na que o ingrediente principal foi a fariña. Así, as empanadas de millo recheas de zamburiñas e outros manxares, follados, broa, filloas,... trasladaron a moitos dos comensais ata súa infancia. E coa barriguiña farta os máis pequenos rendíronse e foron chegando os que se sumaron á foliada da noite. Abriron a sesión de concertos os da casa, os Druídas da Rolda. Os integrantes do novo grupo musical vimiancés deleitaron ao público, entre os que recoñeceron que estaban unha boa parte de amigos e familiares, coa súa música con ritmo folk. A Roda fixo participar ao público cos seus populares cantos de taberna A Roda fixo participar ao público cos seus populares cantos de taberna Despois dunha hora de música de calidade os vimianceses deron paso a un dos clásicos do panorama galego: A Roda. A pesar dos recentes cambios, o grupo demostrou unha vez máis o tirón dos cantos de taberna cos que o público non dubidou en facer os coros dos populares "Pousa, pousa", "Miudiño" ou "Os bistéqueles". Nesta última, algúns dos "cherinkas" incluso se animaron a subir ao escenario. E despois deste subidón de hits galegos seguíronlle os internacionais. Os encargados foron os integrantes de De Vacas (Pinta, Marela, Morena e o Rubio) que interpreteron a ritmo tradicional grandes éxitos das Spice Girls, Beyoncé, entre outros, e que deixaron coa boca aberta a máis de un co seu particular "Ghañan style" ou de "Noche y de día".
E xa ben entrada a madrugada, subía ao escenario Sebastião Antunes e o seu séquito A Quadrilha cos que o público recordou novos e vellos temas da banda que mistura á perfección a música tradicional portuguesa coa irlandesa, escocesa e tamén galega. Sebastião Antunes chegou a Vimiazno co seu séquito A Quadrilha Sebastião Antunes chegou a Vimiazno co seu séquito A Quadrilha A muiñada rematou coa Liga Galega Gaiteira que conseguiu que a foliada se prolongose ata altas horas da madrugada. E despois do éxito da primeira, seguro que organizadores xa están pensando na segunda muiñada. ¿Durará unha semaniña? Fonte  

Comentarios