Libros, encaixe, música e baile encheron a fin de semana vimiancesa


A fin de semana pasada estivo cargada de actividades no concello de Vimianzo.
O venres á noitiña máis de medio cento de persoas déronse cita na Casa da Cultura para asisir á presentación da biografía de Rosalía Mera, "El hilo suelto" do vimiancés Xabier R. Blanco.
Blanco achegou ao público asistente á figura da empresaria coruñesa, centrándose tanto en detalles da súa vida persoal como da súa carreira empresarial.

Xuntanza de Palilleiras

O sábado, nada menos que 700 palilleiras chegadas de toda Galicia e de Castela e León participaron na IX Xuntanza de Palilleiras organizada pola Asociación As Nemanquiñas. Un encontro sempre singular e emotivo, no que as palilleiras compartiron inquietudes e problemáticas, nun multitudinario xantar.
De música e baile
Pola noite no Auditorio da Casa da Cultura tivo lugar o primiero dos dous concertos de músicos de Vimianzo que hai programados para este mes de novembro. Nesta primeira entrega actuaron Aserrín e Viruta, a Charanga Escándalo, Jaime de Vilaseco, Irma Macías, Rosa Oreiro e Suso de Andrea. Coma sempre que os protagonistas son da casa, a resposta da xente foi fantástica e o auditorio luciu unha entrada estupenda.
Xa o domingo á tardiña inaugurouse a tempada do Baile Social no Restaurante Pastoriza. Asistiron a concelleira de Benestar Social, Igualdade e Ensino, María José Ramos Rey e o alcalde, Manuel Antelo, que incluso se animaron a botarlle algunha peza.

Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).