Venres. 26.04.2024
El tiempo

Licitadas as obras de arranxo da Escola Unitaria de Castromil

Escola Unitaria 2
Licitadas as obras de arranxo da Escola Unitaria de Castromil
O Concello de Vimianzo acaba de sacar a licitación o proxecto de arranxo das estruturas da fachada e a cuberta da Escola Unitaria de Castromil, na parroquia de Salto. O prazo de presentación de ofertas remata o vindeiro día 30 de marzo e conta cun orzamento inicial de 45.000 euros.
O obxectivo básico do proxecto é garantir unha boa impermeabilización do inmoble, para paliar as entradas de auga no edificio. As actuacións previstas pretenden seguir unha liña que reforce a mellora da eficiencia enerxética, como xa se fixo noutras intervencións en inmobles deste tipo con anterioridade, como na Escola de Reboredo.
 

Comentarios