Venres. 29.03.2024
El tiempo

O lume tomou as terras irmandiñas

Lume en Terras Irmandinas no Castelo de Vimianzo
O lume tomou as terras irmandiñas

Non houbo Asalto irmandiño, pero o lume non faltou na primeira fin de semana de xullo. A pandemia provocou a segunda suspensión do 25 aniversario festa vimiancesa por excelencia, pero o Concello tiña gardada unha sorpresa para volver colocar o Castelo no centro da atención. Foi o espectáculo ‘Lume en terras irmandiñas’ o que serve de antesala para que o 2022 volva, con máis forza que nunca, o XXV Asalto ao Castelo.

O espectáculo celebrouse esta pasada noite de sábado, da man do Bruxo Queiman, Andrea Pousa, dunha das mellores compañías de recreación histórica ‘Especialistas de Hípica Celta’, os expertos en acrobacia ‘Especialistas de Circo Human No Limits’ e Pirotecnia Josman, de Ourense. A través dunha narración oral da historia da revolta irmandiña, o espectáculo foi conducido pola voz do Bruxo Queiman, e o público asistente, que tivo que botar man do paraugas, puido disfrutar dunha mestura de acrobacias, música e sobre todo moito, moito lume.

O ceo vimiancés encheuse, ao final do mesmo, de fogos de artificio, facendo as delicias dos alí presentes.

Lume en Terras Irmandinas 2Lume en Terras Irmandinas 1

Comentarios