![Manuel Rivas presentou onte en Vimianzo a adaptación teatral da obra "Bala Perdida"]()
Manuel Rivas presentou onte en Vimianzo a adaptación teatral da obra "Bala Perdida"
#Orgullosos andan por Vimianzo xa que a casa da Cultura acolle o
vindeiro domingo, ás 18:30 horas, a estrea "mundial" da obra "Bala perdida", unha adaptación da novela de Manuel Rival. Así o anunciaron onte nunha rolda de prensa que ofreceron os actores e actrices que conforman o elenco, os directores-adaptadores, Lino Braxe e Jorge Rey, o autor Manuel Rivas, o alcalde do concello de Vimianzo, Manuel Antelo e a concelleira de Cultura, Deportes e Mocidade, Marta Rei.
"É todo un honor para o concello de Vimianzo acoller esta presentación á que lle augura un grande éxito" suliño Antelo. Ademais agradeceu a Manuel Rivas a disposición para estar a carón da xente e da terra que quere e á compañía teatral por escoller Vimianzo para a estrea.
Para
Manuel Rivas - moi vinculado a Vimianzo - a adaptación constitúe unha situación moi feliz, pois
a obra foi escrita en Vimianzo, máis concretamente no lugar de Urroa, onde o escritor posúe unha casa. "Bala perdida" é unha obra na que a Costa da Morte está moi presente. O autor manifestou o seu agradecemento cara aos adaptadores e cara á compañía pola nova dimensión que lle achegan á obra.
Para Rivas a Terra de Soneira, lonxe de ser periferia, "é unha terra cosmopolita", por ese motivo naceu aquí "Bala perdida", e por ese motivo Vimianzo é o lugar axeitado para a estrea da adaptación teatral.
![O elenco de "Bala Perdida" presentou onte en Vimianzo a obra teatral]()
O elenco de "Bala Perdida" presentou onte en Vimianzo a obra teatral
Pola súa banda,
Lino Braxe, un dos adaptadores-directores e actor protagonista convidou a fuxir do concepto capitalino e sinalou que para el Vimianzo tamén é o lugar ideal para a estrea. Segundo indicou durante a súa intervención "a adaptación dunha novela ao teatro é un enorme desafío pois, a maiores de contentar ao público, desexa que o autor quede satisfeito". Os actores salientaron a complicidade e a imaxinación que reina entre o elenco.
Vimianzo sitúase así como un referente comarcal dentro do ámbito da cultural gracias ao seu
ambicioso programa que enchen o auditorio da casa da Cultura sábado tras sábado con espectáculos para todos os públicos.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Vimianzo