Sábado. 12.10.2024
El tiempo

Medio centenar de propietarios de terreos con patrimonio megalítico coñecen de preto as súas orixes

Medio centenar de propietarios de terreos con patrimonio megalítico coñecen de preto as súas orixes
Fernando Carrera explicando a importancia do patrimonio a propietarios vimianceses Fernando Carrera explicando a importancia do patrimonio a propietarios vimianceses

”A mellor maneira de conservar e respectar o patrimonio é coñecendo a súa orixe, o seu significado e a súa importancia”, recoñecía Fernando Carrera. Que fenomenal exemplo de como tratar o patrimonio deu Vimianzo este pasado sábado. Chamar aos propietarios dos terreos con patrimonio megalítico para unha charla informativa é algo que parece evidente pero que nunca se soe facer. Este pasado venres, máis de 40 familias achegáronse ata a Casa da Cultura para escoitar ao catedrático da Universidade de Vigo, Fernando Carrera.

Unha xuntanza que comezou polo máis básico, explicando o que é un dolmen, como se contruíron, para que se cre que se utilizaban, etc. E foi avanzando ata analizar as circunstancias que afectan aos propietarios, como a protección legal dos monumentos e dos usos que lles poden dar ás fincas.

O alcalde Manuel Antelo, expresou a vontade do Concello por facerse coa propiedade das fincas que teñan monumentos megalíticos, ben a través de compras, permutas ou cesións de uso. O Concello colaborará cos propietarios e propietarias para informalos acerca dos usos que lles poden dar aos terreos e na tramitación dos permisos que teñen que solicitarlle a Patrimonio para realizar cortas, plantacións, etc.

Neste sentido nos vindeiros días o alcalde trasdladaralle unha solicitude á Xunta de Galicia para que, cando os propietarios soliciten permisos para tala ou repoboación, a Xunta lles indique en que casos deben solicitar outros permisos.

Unha das partes máis importantes destas xuntanzas é a rolda de preguntas deses veciños que non escolleron ser propietaros dun tesouro patrimonial de escaso valor económico directo. E non escatimaron en lanzar as súas dúbidas sobre os usos e prohibicións nos seus terreos afectados.

Propietarios de terreos con patrimonio megalitico na charla informativa de Vimianzo

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios