mércores. 04.12.2024
El tiempo

Milleiros de bolillos repequinaron no pavillón vimiancés

Encontro Palilleiras Vimianzo 2022 1
Milleiros de bolillos repequinaron no pavillón vimiancés

Medio centenar de palilleiras de toda a xeografía estatal (Soria, Viveiro, Sarria, Lugo, Vigo, Cambados, Vilanova de Arousa, Oleiros, Cariño, Salvaterra, Muxía, Camariñas, Abegondo, Lousame ou mesmo de Vimianzo) fixeron ‘repenicar’ os seus bolillos durante toda o XV Encontro de Palilleiras organizado polas Nemaquiñas este sábado, 5 de novembro.

Ás 12:00 horas tivo lugar a inauguración institucional, á que acudiron a subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas; a alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez, e as concelleiras e concelleiros María José Pose, Víctor Muíño, Mario Andújar, Miguel Ángel Pérez e Rosa Blanco. Acudiron tamén Raquel Rodríguez e Francisco Calzas do Partido Popular de Vimianzo e Marta Rey e María Jesús Barbeira do grupo de Adiante Vimianzo, xunto coa técnica de Cultura do Concello, Nieves Lema. 

Encontro Palilleiras Vimianzo 3

A alcaldesa, Mónica Rodríguez, quixo destacar “a significación que ten para toda a Comarca un evento como este. É a décimo quinta edición dunha tradicional xornada que non só serve para compartir experiencias, senón tamén para exaltar a nosa artesanía. Temos un potencial nesta Comarca, e en toda Galicia, moi importante, e hoxe podemos presumir delo cun pavillón ata a bandeira”.

Encontro Palilleiras Vimianzo 2022

ADXUNTAMOS IMAXES 

Comentarios