Xoves. 19.09.2024
El tiempo

Nova aposta vimiancesa pola animación á lectura

Nova aposta vimiancesa pola animación á lectura
libros-de-texto

A Biblioteca municipal do Concello de Vimianzo despide o curso escolar co programa de animación á lectura dirixido aos escolares do concello. E o fai con dous mércores para compartir a biblioteca coas crianzas antes de que cheguen as vacacións de verán, dentro do Mes do noso dedicado aos contos do medievo.

O mércores 11, en horario extraescolar, aqueles nenos e nenas que se inscriban ata o día 10 na Casa da Cultura, poderán participar nunha tarde animación titulada Castelo de conto, desde as 17 ata as 19 horas. Unha primeira parte para gozar do conto A pantasma do Castelo, de Mira Lobe, e unha segunda parte na que os participantes elaboarán as marionetas das personaxes que coñecerán no conto.

O seguinte mércores, día 18, os escolares de todos os centros do concello despedirán o curso na Casa da Cultura. Os primeiros serán os nenos e nenas de 1º e 2º de Educación infantil do Ceip San Vicenzo, que gozarán do espectáculo “Conto contigo” de Expresión Produccións, unha actividade subvencionada dentro do programa Ler conta moito, da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia. Os demais compañeiros do Ceip San Vicenzo, así coma o alumnado do Ceip de Baíñas e das Escolas unitarias de Carantoña, Carnés e Castromil, asistirán á representación de Mundos Contados de Talía Teatro, en dúas sesións, ás 11 e ás 12 horas.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios