Nova cita campestre cos cogumelos en Vimianzo
25 de novembro de 2011 (08:15 h.)
Tempo de cogumelos, non cabe dúbida. Non podían chegar en mellor momento estas Xornadas Micolóxicas vimiancesas, que contan cun invitado de excepción, Manuel Pose Carracedo, coautor do libro “500 setas del litoral atlántico y noroeste peninsular”.
Así, ao longo desta fin de semana Carracedo intentará achegar a xente o mundo dos fungos, e así aprender que non só nos dan cogomelos, senón que tamén cumplen cunha función importantísima na natureza. Tamén se mostrara ós asistentes como escoller aqueles exemplares aptos para o consumo e como diferenciar as distintas especies comestibles das que poden resultar tóxicas.
Programa
- Sábado 26 de novembro: Entre as 9:00h e as 13:30h, haberá unha saída ao campo para a recollida e clasificación de exemplares con Manuel Pose Carracedo.
- Domingo 27 de novembro: Entre as 9:00h e as 13:30h, haberá unha saída ao campo para a recollida e clasificación de exemplares con Manuel Pose Carracedo. E a partir das 14:00h, degustación dos Cogomelos recollidos, en Casa Sabina (Vimianzo).
Máis información e inscrición
O Prezo do curso será 15 € e poden inscribirse canto antes chamando ao 615 883 848.
Novas relacionadas
- Xornadas Micolóxicas da Costa da Morte 2011: A escaseza non impediu que Pan de Raposo xuntase máis de 100 cogumelos nas Xornadas Micolóxicas.
- A Slow Food Galicia prantexa o ano dende o Vimianzo Gastronómico.
- Un outono sabroso en Vimianzo.
- Presentación do libro “500 setas del litoral atlántico y noroeste peninsular”: Unha viaxe con Pan de Raposo polos 1000 cogumelos galegos.
Nocións micolóxicas con José Manuel Castro Marcote
- Os donos dos cogomelos silvestres.
- Coas cousas de morrer non se xoga.
- Clauthrus Archeri, un cogomelo curioso.
- Macrolepiotas.
- Fungos insecticidas.
- Fungos e cogumelos.
- Intoxicación con cogomelos.
Máis novas micolóxicas
- 500 cogumelos máis nun novo libro micolóxico con semente da Costa.
- A Costa da Morte no centro da micoloxía de Galicia.
- Xa está a venda a terceira edición de "Cogomelos de Galicia".
Outras novas
- Un paseo por Monfragüe con Francisco Santiago López.
- A Costa en verde: Como auga de outubro.
- O lobo come boletus .
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).