A Slow Food Galicia prantexa o ano dende o Vimianzo Gastronómico


Responsables do Conviviun Galicia da Slow Food Galicia escolleron o Vimianzo para celebrar unha xuntanza, na que deseñaron as actividades a desenvolver nos vindeiros meses. O encontro fixérono no marco do ‘Vimianzo Gastronómico. Comparte Outono, proposta gastronómica cao que colabora este movemento. Tras a reunión, os participantes degustaron un menú do devandito programa nun restaurante vimiancés, aó que se sumou tamén o alcalde da localidade, Manuel Antelo.
Citas slow
Dentro das actividades a desenvolver, o vindeiro mes levarán a cabo un encontro gastronómico na localidade carnotana de Lira, con motivo da celebración do Terra Madre Day, e que será a base de productos ecolóxicos.
Para o vindeiro mes de marzo organizarán unha xornada no concello de Bueu, coincidindo con Festa do Millo Corvo, que organiza a asociación cultural Meiro.
Xa para o vindeiro verán proxectan desenvolver unhas xornadas en varias vilas da Costa da Morte, nas que se complemetarán gastronomía e territorio, combinando degustacións de productos con roteiros de sendeirismo.
Arca do Gusto
O Convivium Galicia traballa tamén na inclusión de máis produtos no catálogo Arca do Gusto. A comisión nacional española celebrarase o vindeiro día 17 de decembro, polo que os productos que opten a este recoñecemento deberán presentar a súa ficha con anterioridade. O paso seguinte sería a consecucuión de restaurantes Km. 0, establecementos que deberán ter nas súas cartas alomenos cinco productos Slow.
Novas relacionadas
- Un outono sabroso en Vimianzo.
- O Porco Celta loita contra o fraude da man da Slow Food.
- Un grupo de austríacos coñecen a auténtica Costa da Morte.
Máis novas gastronómicas
- A Pataca Fina de Carballo vaise cocendo a lume lento.
- A Raínha Lupa revive cun Mercado Ecolóxico en Quilmas.
- 500 cogumelos máis nun novo libro micolóxico con semente da Costa.
- Achegando o sabor do mar ao interior.
- Entrevista con Manuel Gago: “O litoral da Costa ten propiedades hipnóticas”.
- A denominación de orixe da Costa da Morte triunfa no Forum Gastronomic de Girona.
- O Proxecto Berberecho, unha aposta pola diferenciación.
- Presentación do Convivium Galicia da Slow Food: A Costa comeza a “xantar de vagar”.
Fonte
- Nota de prensa da Slow Food Galicia.