Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Unha viaxe con Pan de Raposo polos 1000 cogumelos galegos

Unha viaxe con Pan de Raposo polos 1000 cogumelos galegos

A librería Ler de Cee acollía onte a presentación na Costa da Morte do novo libro “500 setas del litoral atlántico y noroeste peninsular”. Un libro con semente costeira, pois os autores son os especialistas da Asociación Micolóxica Naturista Pan de Raposo. Eles son Chemi Traba, Manolo Pose, e José Manuel Castro Marcote, ademais da colaboración dunha nova potencia na materia, José María Costa Lago.

Foi o colaborador de QPC Castro Marcote o encargado de presentar o libro na casa. Pero non só na bisbarra, pois leva unhas semanas por toda Galicia de presentación en presentación, e de feito, o mércores tocou en Vigo.

Segundo apuntou, o libro, malia ser a 2ª parte do "Cogomelos de Galicia", "non é para eruditos". Destacou as completas fichas de cada especie, así como as fotos, sacadas no propio lugar para deixar constancia das características da contorna.

Marcote comentou que das novas 500 especies (apenas hai un par que se repiten do primeiro libro, e en total xa fan unhas 1.000 recollidas, analizadas e retratadas pola entidade) case 400 poderíamolas atopar na Costa da Morte. Se ben sinalou que hai algunha atopadas polos faiedos de Asturies.

A charla remataba cunha interesante reflexión sobre a microrrización, e sobre o crecimento de cogumelos en eucaliptais galegos. O único problema, que ao seren talados os exemplares moi pronto, non deixan que o micelo se fortaleza.

XI Xornadas Micolóxicas da Costa da Morte

Marcote aproveitou para explicar o devir das Xornadas Micolóxicas da vindeira fin de semana do 5 e 6 de novembro. Explicou como se desenvolven as conferencias así como realizan a exposición, marchando o propio venres polos montes adiante.
Destacou ademais que a charla do domingo, a de Chisco sobre a natureza da bisbarra, incluirá unha sesión de vídeos.

Novas relacionadas

Nocións micolóxicas con José Manuel Castro Marcote

Máis novas

Máis novas micolóxicas

Fonte

Comentarios