mércores. 21.05.2025
El tiempo

Nova cita campestre cos cogumelos en Vimianzo

Nova cita campestre cos cogumelos en Vimianzo

Tempo de cogumelos, non cabe dúbida. Non podían chegar en mellor momento estas Xornadas Micolóxicas vimiancesas, que contan cun invitado de excepción, Manuel Pose Carracedo, coautor do libro “500 setas del litoral atlántico y noroeste peninsular”.

Así, ao longo desta fin de semana Carracedo intentará achegar a xente o mundo dos fungos, e así aprender que non só nos dan cogomelos, senón que tamén cumplen cunha función importantísima na natureza. Tamén se mostrara ós asistentes como escoller aqueles exemplares aptos para o consumo e como diferenciar as distintas especies comestibles das que poden resultar tóxicas.

Programa

  • Sábado 26 de novembro: Entre as 9:00h e as 13:30h, haberá unha saída ao campo para a recollida e clasificación de exemplares con Manuel Pose Carracedo.
  • Domingo 27 de novembro: Entre as 9:00h e as 13:30h, haberá unha saída ao campo para a recollida e clasificación de exemplares con Manuel Pose Carracedo. E a partir das 14:00h, degustación dos Cogomelos recollidos, en Casa Sabina (Vimianzo).

Máis información e inscrición

O Prezo do curso será 15 € e poden inscribirse canto antes chamando ao 615 883 848.

Novas relacionadas

Nocións micolóxicas con José Manuel Castro Marcote

Máis novas micolóxicas

Outras novas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios