Novas presentacións do BNG na Laracha e Vimianzo
11:53 26/04/23
Esta fin de semana, o BNG ten doble cita electoral coa presentación das candidaturas da Laracha e Vimianzo. Dúas listas encabezadas por dous candidat@s nov@s como son Carolina Castiñeiras e Benxamín Queiro.
O venres 28 será o turno da lista de Vimianzo, cun acto ás 20:30h na Casa da Cultura de Vimianzo, e coa presenza da voceira nacional do BNG Ana Pontón.
O domingo 30, ás 12:00h, a Casa da Cultura da Laracha acollerá a posta en escea da lista comandada por Carolina Castiñeira, que tamén estará acompañada de Ana Pontón, ademais do nº2 Xosé Cotelo e o deputado carballés Xosé Regueira.