Sábado. 18.05.2024
El tiempo

O Castelo de Vimianzo descubre o pendón dos Moscoso

O Castelo de Vimianzo descubre o pendón dos Moscoso
pendon-asalto-castelo Esta mañá descubriuse o pendón coa cabeza de lobo dos Moscoso que colga da Torre da Homenaxe do Castelo vimiancés En Vimainzo xa ole a festa. A vila comeza a coller cor para a festa do Asalto ao Castelo que arranca este sábado coa Legua Irmandiña. Ademais das bandeirolas nas rúas hoxe descubriuse o pendón coa cabeza de lobo dos Moscoso que colga da Torre da Homenaxe do Castelo vimiancés. Alí estaban o alcalde do concello, Manuel Antelo, a concelleira de Cultura e Deporte, Marta Rei, xunto coas artesás que desenvolven o seu traballo nas dependencias do Castelo e un grupo de nenas e nenos da localidade. Coa baixada do pendón dos Moscoso dan incio as actividades do Asalto ao Castelo, que se prolongarán até o sábado 7 de xullo, día grande da celebración.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios