![castelo-vimianzo]()
Durante as fins de semana haberá visitas guiadas tanto no Castelo de Vimianzo como nos Batáns do Mosquetín
Despois dun verán histórico en canto a visitas se refire, o Castelo de Vimianzo muda o seu o horario de visitas e a partir de hoxe estará abertos de martes a domingo de 10:30 a 14 e de 16 a 19 horas, tanto para visitar o monumento como o centro de artesanía en vivo que alberga no seu interior. O conxunto de muíños e
batáns do Mosquetín abre as súas portas dende as 11 horas ata ás 18 horas.
O
programa de visitas guiadas “Vimianzo, historia viva” que tantos éxitos acadou este verán, continuará durante este mes ofrecendo visitas temáticas tanto no Castelo medieval como no conxunto de Mosquetín, será nas fins de semana en horario de mañá e tarde. Pola mañá ás 12 horas no Castelo e ás 13 horas no Mosquetín. Pola tarde o itinerario de visitas comeza no Mosquetín ás 18 horas e ás 19 horas no Castelo. O servizo de visitas guiadas é completamente de balde, existindo incluso a posibilidade de contratalas fóra do horario establecido para grupos organizados, de feito esta modalidade é especialmente demandada durante a próxima tempada, momento favorito para os grupos organizados de lecer e de escolares que xa comezan a facer as súas reservas para o vindeiro curso 2017/18.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).
- Concello de Vimianzo