Xoves. 19.09.2024
El tiempo

O circo volve ao pleno vimiancés

O circo volve ao pleno vimiancés
Edis de TEGA e PP de Vimianzo coas camisetas da sele espanola Edis de TEGA e PP de Vimianzo coas camisetas da sele española

Foi o do venres un dos plenos máis tensos dos últimos tempos en Vimianzo. Os edís de TeGa e PP xa se presentaban coas camisetas da selección española de fútbol para criticar o apoio do alcalde, Manuel Antelo, ao Process catalán. A tensión estaba servida, un prato que no deixa de ser parte do menú habitual, pero o remate final, con varios expulsados do pleno, demostra que foi un espectaculo “lamentable”, como recoñecía o mesmo alcalde.

Foi nos rogos e preguntas cando a cousa se caldeou. A voceira do PP, Raquel Rodríguez, foi expulsada tras ser chamada a orde en 3 ocasións. A edila de IxV Mónica Rodríguez tamén mantivo unha acalorada discusión co alcalde sobre a maneira de tratar os expedientes e sobre os sobrecustos pagados ao arquitecto municipal, algo que provocou que o alcalde lembrase a xestión do ex alcalde no caso da Casa da Cultura coa emrpesa do seu irmán. O voceiro de TEGA criticou varias deficiencias no servizo de auga.

Cando o alcalde se dispuxo a dar as explicacións pertinentes aos rogos e preguntas formuladas foi constantemente interrompido, increpado e incluso insultado por algunhas persoas presentes no público. O veciño afectado polo posible derrubamento dunha casa en Bamiro ou un dos implicados nun evento celebrado en Castrobuxán, denunciado polo Concello por utilizar auga sen permiso, saltaron á palestra e acabaron sendo expulsados.

Para o alcalde, “o pleno do venres foi rebentado por uns "hooligans" con lazos de amizade e relacións persoais con membros da oposición e que nin viven ninn están empadroados no concello de Vimianzo”. O alcalde tamén tivo palabras para os concelleiros da oposición: “Esas persoas rexeitan os espectáculos lamentables que dan os seus representantes cando, coma no caso do venres, pretenden convertir o Pleno dun Concello nun circo”.

Fonte

Comentarios