Luns. 07.10.2024
El tiempo

O Concello de Vimianzo adquire en propiedade o dolmen de Pedra Cuberta e armará un plan de posta en valor

O Concello de Vimianzo adquire en propiedade o dolmen de Pedra Cuberta e armará un plan de posta en valor
Dolmen de Pedra Cuberta - Foto: Aritz-Sáez Unha das paradas da Ruta dos Dolmens da Costa da Morte xa é de titularidade municipal. O Concello de Vimianzo é o novo propietario do dolmen de pedra Cuberta e do seu terreo lindante. Faino gracias a boa vontade dos propietarios e as facilidades que deron para a compra do monumento, O dolmen de Pedra Cuberta está situado a carón da aldea de Pedra Cuberta na parroquia de Treos. Este dolmen foi escavado no ano 1933 polo matrimonio Leisner deu a coñecer internacionalmente a decoración pictórica existente na parte interna dos ortóstatos da cámara e o corredor. Os debuxos do dolmen, en branco e negro, amosan formas complexas, con liñas en zigzag, triangulares, verticais e con motivos ondulados. É, sen dúbida, un dos máis importantes monumentos megalíticos do noso país. O alcalde, Manuel Antelo, mostra a súa satisfacción pola compra deste importante ben e anuncia que nun breve prazo de tempo o Concello deseñará un plan de posta en valor do monumento.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/excursion-pola-ruta-das-antas-da-costa-da-morte/ https://quepasanacosta.gal/a-deputacion-pide-cooperacion-aos-concellos-para-sacar-adiante-o-parque-do-megalitismo-da-costa-da-morte/

Comentarios