Xoves. 28.03.2024
El tiempo

O Concello de Vimianzo axuda para a compra de libros

O Concello de Vimianzo axuda para a compra de libros
libros

O Concello de Vimianzo vén de poñer en marcha unha convocatoria de axudas para o curso escolar 2012-2013 tal como fora aprobado no pleno extraordinario do 26 de setembro.

O obxecto desta convocatoria é a concesión de axudas para a adquisición de libros de texto, material escolar e roupa ou calzado para alumnos e alumnas de segundo ciclo de educación infantil, educación primaria e secundaria obrigatoria, empadroados no concello de Vimianzo, que cursen estudos en centros de ensino públicos. As bases contemplan que este gasto poida estar realizado xa, debido á data na que se convocan as axudas, polo que se poderán presentar facturas do gasto realizado con anterioridade para o obxecto das axudas.

Máis información

As familias que cumpran os requisitos que se detallan nas bases, ás que poderán acceder consultando o BOP nº214 de 9 de novembro, na páxina web do concello ou no taboleiro de anuncios do concello, deberán presentar o impreso de solicitude no rexistro municipal ata o 29 de novembro. Do mesmo xeito que as bases, o impreso de solicitude poderá descargarse da páxina web do concello www.vimianzo.es ou recollelas no rexistroxeral da Casa do Concello.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios