Venres. 13.09.2024
El tiempo

O concello de Vimianzo organiza unha xuntanza cos propietarios das fincas con monumentos megalíticos

O concello de Vimianzo organiza unha xuntanza cos propietarios das fincas con monumentos megalíticos
dolmen-pedra-cuberta dolmen-pedra-cuberta Os propietarios e propietarias das fincas que conteñen monumentos megalíticos ou que se atopan dentro da súa área de protección teñen esta noite, ás 20 horas, unha xuntanza informativa na sala de conferencias da casa da Cultura de Vimianzo. O motivo da xuntanza - convocada polo concello de Vimianzo - é informar á veciñanza sobre as normativas, Lei do Patrimonio, deberes e obrigas que se deben cumprir para salvagardar estes antigos cemiterios que durante máis de seis mil anos permaneceron na terra. O profesor da Universidade de Vigo -Fernando Carrera - será o encargado de informar destes aspectos, da importancia do megalitismo e tamén da nova Lei de patrimonio, aprobada en 2016. A Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia establece as diferentes medidas para protexer bens deste tipo ademais das correspondentes sancións no caso de realizar algunha acción que destrúa ou altere este monumento arqueolóxico.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios