Venres. 11.10.2024
El tiempo

O concello de Vimianzo súmase ás protestas ante a reducción de aulas no CEIP San Vincenzo de Vimianzo

O concello de Vimianzo súmase ás protestas ante a reducción de aulas no CEIP San Vincenzo de Vimianzo
As familias con fillos en idade escolar recibirán axudas para o inicio do curso escolar. Imaxe: Ceip San Vincenzo O anunciado peche afectaría aos cursos de 5ª e 6ª de Primaria. Imaxe: Ceip San Vincenzo Como primeira medida ante o posible peche de dúas aulas de 5º e 6º de primaria no CEIP Plurilingüe San Vicenzo, o alcalde de Vimianzo - Manuel Antelo - enviou onte un escrito ao xefe territorial da consellaría de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Coruña, solicitándolle, por unha banda, que non se leven a cabo as medidas de peche das dúas aulas para o vindeiro curso, e por outra, unha entrevista a que acudirá acompañado de representantes da ANPA e do profesorado. Precismante esta semana Antelo reuniuse con representantes da ANPA do centro educativo, así como con profesorado deste centro, apoiando as súas demandas en contra da redución de aulas. Para o alcalde o anunciado peche de dúas aulas supera o ratio previsto na normativa de 25 alumnos por aula, xa que o número de alumnos nas aulas de 5º e 6º sería maior. Ademais, dende o goberno municipal indican que a redución do número de aulas e de docentes tamén significaría a perda de calidade e a desigualdade con respecto a outros centros, xa que aumentaría considerablemente a carga de traballo das mestras e mestres. "O mantemento das aulas actuais iría na liña das declaracións e compromisos da Xunta de Galicia para frear o despoboamento do rural, xa que o servizo público de educación primaria é fundamental para avanzar neste camiño, por iso as medidas previstas de redución de aulas favorecen o abandono do rural debido á diferencia de calidade entre os servizos que se prestan no rural e nas áreas urbanas"; sinalan dende o concello de Vimianzo. Antelo agarda que a consellaría de Educación rectifique nas intencións de eliminar estas aulas do CEIP San Vicenzo, xa que o seu mantemento contribuiría á mellora da calidade educativa. Fonte

Comentarios